27/2/26
DÍA DE ROSALÍA
O pasado luns, día 23, conmemoramos o nacemento da nosa poeta máis internacional: Rosalía de Castro.
9/2/26
ENTROIDO
Chegou o tempo de Entroido.
Esta semana estamos seguindo os mandados do Meco, que este ano promulga un Entroido Sostible para un mundo máis sostible.
Se queredes saber máis sobre a orixe desta tradición que se celebra tanto en Galicia como en España e en diferentes partes do mundo pincha AQUÍ.
Investiga sobre o Entroido Galego e verás todo o que descobres.
Logo tedes o xogo do Pasapalabra para poñer a proba todo o que aprendestes.
A gozar moito destes días de festa e tradición!
6/2/26
DÍA DA CANDELORIA
O pasado luns, día 2, celebramos o día da Candeloria no centro.
Este día simboliza a metade do inverno e a partir desta data van medrando os días e a natureza vaise preparando para recibir a nova estación. De aí que na cultura popular sexa unha data relacionada coa predición do tempo, o que se reflicte en refráns como:
"Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra, que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar"."O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra".
Aproveitamos a semana para coñecer vocabulario relacionado coas aves e investigar máis de preto algunhas aves da nosa contorna.
Tamén se repartiron polas aulas casiñas de madeira para colocar nas árbores do noso patio e que lle poidan servir de refuxio aos paxariños para criar porque, como di outro refrán "A partir da candeloria, ningunha ave voa soa". Agardamos que o tempo nos permita colocalas nestas semanas e poder observar se nos visita algunha ave esta primavera.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




.jpeg)

.jpeg)
