18/12/25
NADAL EN GALEGO
9/12/25
DANZA DAS ESPADAS
O pasado venres, 5 de decembro, puidemos coñecer unha das tradicións de Muxía, da man de Lucía, da Asociación Protectora da Danza das Espadas de Quintáns.
Aprendemos sobre a orixe desta danza tradicional da parroquia de Quintáns, que no comezo só era unha danza bailada por homes pero que se mantivo no tempo grazas ás mulleres que comezaron a participar cando non había remuda xeracional. Tamén coñecemos o vestiario necesario para danzar.
E despois da teoría, aprendemos a bailala!

Grazas, Lucía, por ensinarnos esta tradición muxiá.
Coa túa visita máis dalgún e dalgunha está pensando en participar o vindeiro agosto, así que deixo por aquí a súa rede social para que non vos perdades ningunha novidade:
https://www.instagram.com/danza_espadas_quintans/
Un saúdo!
3/12/25
PALABRA DO ANO EN GALEGO
Boa tarde,
A RAG, a través do Portal da Palabras, acaba de poñer en marcha a votación da Palabra do ano 2025.
É unha iniciativa anual para "tomar conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos".
As palabras finalistas que optan a se converter na Palabra do Ano 2025 son:
Sabes o que significa cada unha? Infórmate do seu significado e para a pensar cal cres que define mellor este ano que remata.
Logo podedes votar AQUÍ ata o 21 de decembro e compartir con familia e amizades, para que tamén poidan votar.
E, quen sabe... para o próximo ano ata podemos propoñer como Palabra do Ano 2026 unha palabra tan singular de Muxía como é COMAREA.
A VOTAR POLA PALABRA DO ANO!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



