24/5/26

Campaña "Aquí tamén se fala galego"

 No mes das Letras tamén participamos na campaña "Aquí tamén se fala galego".

Este proxecto, comezado polo IES Rafael Dieste de A Coruña, ten como obxectivo que o alumnado se converta en axente dinamizador da súa contorna a través da difusión de carteis en comercios, institucións e outros espazos públicos da súa contorna.

Por iso o pasado venres o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria saíron a pegar adhesivos pola contorna do centro. 










O resto de alumnado de primaria que participou na campaña pegou adhesivos por establecementos do centro de Muxía e das súas parroquias de orixe. 
Moitas grazas pola vosa colaboración!

15/5/26

LETRAS GALEGAS


 Esta semana estivemos celebrando A Semana das Letras Galegas no cole, que se lle dedican neste 2026 á escritora e xornalista Begoña Caamaño.


Durante toda a semana cada aula visitou unha exposición na biblioteca para coñecer a súa vida e obra.

O venres fixemos un acto conxunto para render homenaxe a Begoña. Este foi presentado polo alumnado de Educación Infantil, simulando ser locutores e locutoras na radio e estivo amenizado por un grupo de estudantes que cantaron e tocaron música tradicional galega.
Comezou o alumnado de 1º ciclo facendo un repaso polas mulleres ás que se lle dedicaron as Letras Galegas nestas 64 edicións e tamén explicaron a infancia de Begoña en Vigo.
A continuación o alumnado do 2º ciclo continuou facendo un repaso pola súa época estudantil e a súa faceta como escritora.
Logo o alumnado de 6º curso falounos da súa traxectoria como xornalista e, para finalizar, 5º pechou o acto facendo unha reflexión sobre a defensa da igualdade de xénero, que caracterizaba a Begoña.
Para rematar cantamos e bailamos a canción que fixeron Uxía e Malvela na súa homenaxe.





A seguir gozando de falar e vivir en galego con orgullo!