27/3/26

DINÁMICA "PALABRA DA SEMANA"

 

Este curso no cole estamos a traballar no PDI "Que pasaría se...?", que versa sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. En colaboración coa Biblioteca, dende o EDLG propuxemos a actividade a "Palabra da Semana", unha dinámica que realizamos semanalmente entre novembro e marzo onde se foron presentando palabras en galego relacionadas con cada un dos obxectivos. 

A continuación podedes ver todas as palabras sobre as que estivemos aprendendo:











Buscamos sobre o significado de cada palabra, analizámola dende o punto de vista gramatical e sintáctico e sobre todo, reflexionamos sobre como pode colaborar cada persoa para contribuír a mellorar aquilo que esconde cada un dos conceptos analizados.
Aquí podedes ver unha pequena escolma dalgunhas actividades: 







Esperemos que estas 17 palabras axuden a pensar e actuar en prol dos ODS.

Boas vacacións de Semana Santa!



13/3/26

DÍA DA MULLER


Esta semana no centro, con motivo da celebración do Día da Muller e en relación co PDI deste curso sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en concreto co ODS Nº 5, Igualdade de Xénero, todo o alumnado estivo investigando sobre mulleres españolas importantes na Historia, que contribuíron ou contribúen co seu traballo a lograr cada un dos 17 Obxectivos. 

 




 

Cada aula fixo a súa ficha informativa sobre unha muller destacada que estivera relacionada cos ODS que cada curso ten asignados e logo colocámolas nunha exposición xunto a biblioteca do centro, para que toda a comunidade educativa a poida visitar.

Concepción Arenal, Antía Cal, Margarita Salas, Maruja Mallo ou Lucía Freitas son algúns dos nomes das 17 mulleres que investigamos.






Visibilizar o papel das mulleres do pasado e do presente do noso país é un aspecto imprescindible para formar unha sociedade máis igualitaria.