27/3/26

DINÁMICA "PALABRA DA SEMANA"

 

Este curso no cole estamos a traballar no PDI "Que pasaría se...?", que versa sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. En colaboración coa Biblioteca, dende o EDLG propuxemos a actividade a "Palabra da Semana", unha dinámica que realizamos semanalmente entre novembro e marzo onde se foron presentando palabras en galego relacionadas con cada un dos obxectivos. 

A continuación podedes ver todas as palabras sobre as que estivemos aprendendo:











Buscamos sobre o significado de cada palabra, analizámola dende o punto de vista gramatical e sintáctico e sobre todo, reflexionamos sobre como pode colaborar cada persoa para que contribuír a mellorar aquilo que esconde cada un dos conceptos analizados.
Aquí podedes ver unha pequena escolma dalgunhas actividades: 







Esperemos que estas 17 palabras axuden a pensar e actuar para lograr estes Obxectivos.

Boas vacacións de Semana Santa!



No hay comentarios:

Publicar un comentario