NADAL EN GALEGO
Boas!
Chegamos ao remate do 1º trimestre e agora toca gozar do Nadal con familia e amizades.
Deixamos por aquí algunhas propostas para gozar destas semanas de vacacións en galego:
- Goza destes días sen cole para ler algún libro en galego ou ver algunha película en galego. Na web do Xabarín tes varias opcións e na plataforma Netflix tamén podedes atopar opcións en galego.
E lembrade: o Nadal tamén é tempo para facer unha reflexión sobre o ano que remata e pensar nos propósitos para o novo ano.
Dende o cole cada persoa pediu un desexo para un 2026 máis sostible.
Animámosvos a reflexionar que podedes facer vós para contribuír a que o novo ano sexa máis sostible.
Boas festas e feliz Aninovo, comunidade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario