18/12/25

NADAL EN GALEGO


Boas!

Chegamos ao remate do 1º trimestre e agora toca gozar do Nadal con familia e amizades.

Deixamos por aquí algunhas propostas para gozar destas semanas de vacacións en galego:

  • Goza destes días sen cole para ler algún libro en galego ou ver algunha película en galego. Na web do Xabarín tes varias opcións e na plataforma Netflix tamén podedes atopar opcións en galego. 

E lembrade: o Nadal tamén é tempo para facer unha reflexión sobre o ano que remata e pensar nos propósitos para o novo ano

Dende o cole cada persoa pediu un desexo para un 2026 máis sostible.


Animámosvos a reflexionar que podedes facer vós para contribuír a que o novo ano sexa máis sostible?

Boas festas e feliz Aninovo, comunidade!

9/12/25

DANZA DAS ESPADAS


O pasado venres, 5 de decembro, puidemos coñecer unha das tradicións de Muxía, da man de Lucía, da Asociación Protectora da Danza das Espadas de Quintáns.

Aprendemos sobre a orixe desta danza tradicional da parroquia de Quintáns, que no comezo só era unha danza bailada por homes pero que se mantivo no tempo grazas ás mulleres que comezaron a participar cando non había remuda xeracional e tamén coñecemos o vestiario necesario para danzar.

E despois da teoría, aprendemos a bailala.  

      





Grazas, Lucía, por ensinarnos esta tradición muxiá. 

Coa túa visita máis dalgún e dalgunha está pensando en participar o vindeiro agosto, así que deixo por aquí a súa rede social para que non vos perdades ningunha novidade:


https://www.instagram.com/danza_espadas_quintans/

Un saúdo!

3/12/25

PALABRA DO ANO EN GALEGO


Boa tarde,


A RAG, a través do Portal da Palabras, acaba de poñer en marcha a votación da Palabra do ano 2025. 


É unha iniciativa anual para "tomar conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos".
As palabras finalistas que optan a se converter na Palabra do Ano 2025 son:




Sabes o que significa cada unha? Infórmate do seu significado e para a pensar cal cres que define mellor este ano que remata. 

Logo podedes votar AQUÍ ata o 21 de decembro e compartir con familia e amizades, para que tamén poidan votar.


E, quen sabe... para o próximo ano ata podemos propoñer como Palabra do Ano 2026 unha palabra tan singular de Muxía como é COMAREA.


A VOTAR POLA PALABRA DO ANO!