25/12/15
17/12/15
16/12/15
FESTIVAL DE NADAL
Aquí tendes o programa do noso festival. Animádevos a vir,
será moi divertido.
será moi divertido.
PROGRAMA PARA O VENRES
18
·Chiquitropa. Desfile
e actuación: “Adiviña, adiviñanza” e “Teño as neuronas revoltas”.
·E.Infantil
: baile Rock “Vaya
mentira”
·1ºe2º Canción
en lingua de signos: “Roquiño e as abellas”.
·4ºCoreografía: “O galiñeiro”.
·5ºBaile: “Esku dantza”de Navarra.
·(Recreo)
·6ºA. Baile
·Carmen Conto: “O canciño”
·6ºB Baile.
·Primaria.
Canción “Himno da alegría”.
·Profesorado. Canción” A festa do Belén”
·Despedida.
22/11/15
Os alumnos/as de 6º EI traballan a emoción do amor co libro " Con locura"
21/11/15
31/10/15
Magosto e Samaín 2015
O 6 de novembro celebramos
Magosto e Samaín
Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán a castañada.
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán a castañada.
30/10/15
Chegada do outono
Benvida ao novo curso
NO CEIP OS MUIÑOS O CORAZÓN LEVA A VOZ CANTANTE
As emocións son unha parte moi importante da nosa vida, e polo tanto
tamén do currículo, por iso este curso imos traballar con
elas, para que nos acostumemos a preguntar e expresar como te sentes,
como crees que sente o outro, como sentirías no seu lugar, por que crees
que fixeches isto, que
poderías facer en lugar disto...
Regando a vida con emocións positivas medran a paz, a amizade, a liberdade...
27/6/15
PEPIÑO E O CUCO
El era pequeno, gordecho e de
ollos negros. Tiña as meixelas coloradas e os pelos de punta, rebeldes…pero o
seu carácter era afable e amosaba unha tremenda curiosidade por todo, o que o
levaba a situacións as veces apurada.
Asistía con regularidade á
escola da aldea só pola mañá, porque pola tarde non había.
No tempo que lle quedaba libre,
Pepiño de Pepa, que así se chamaba o rapaz, facía os labores que a súa nai lle
encomendaba; coidar as galiñas, un porco e dúas ovellas que tiñan; enciñar e
sachar as patacas no seu tempo e ir ao monte dous días por semana a por un saco
de gasto( que veñen a ser as agullas dos pinos cando están secas).
Pepiño facía todo isto porque a
súa nai andaba a cotío de xornal polas casas dos veciños para levar á súa algo
de cartos e produtos do campo, pois ela era o home e a muller da casa.
Pepiño non tiña pai. As poucas
veces que se atrevera a preguntarlle a súa nai por el, sempre lle contestou cun
berro.
Un luns, despois do Nadal, á volta da escola, topouse cun canciño
peludo que coxeaba dunha pata. Pareceulle raro, porque el, aos cans de
Touriñán( que era a súa aldea) coñecíaos a todos. Pero axiña pensou que puidera
ser que o véspera fora día de caza e quedara extraviado do seu dono.
Levouno para a casa moi contento
pero ao mesmo tempo preocupado por como lle ía dicir á súa nai que quería
quedar con el, xa que tiña tres gatiños, dous paxaros e un porco teixo que
tamén atopara ferido no monte un mes antes.
Non tivo problema, a nai díxolle
que o que tiña que facer, se quería quedar con el, era repartir a súa ración de
comida co can, porque naquela casa non sobraba nada, máis ben faltaba.
Púxolle de nome Cuco polo
espelido que era, e converteuse no seu mellor compañeiro. Ía á escola e
esperábao na porta. Ïa ao gasto, el tamén...se era buscar as ovellas, Cuco case
llas traía el só, e ata lle buscaba porcoespiños polos balados.
No mes de Maio, cando xa os días
eran máis grandes, despois de coller da artesa un corocho de broa para el e
para Cuco, marcharon os dous a buscar e gardar as ovellas.
Despois meteu no peto a
harmónica Que o padriño lle regalara polo San Martiño, colleu o saco do cabanel
e foron pola pista que vai para Queiroso xuntar o gasto que lle tocaba ese día.
Rematou axiña, pero antes de voltar para a casa, subiu a unhas pedras dende
onde se ve o mar de Muxía ata Nemiña, para ver pasar os barcos aló polo
horizonte.
O sol reflectíase na auga e cada
vez ía baixando máis, ata que desapareceu de todo. Pepiño puxérase a tocar a
harmónica e pasoulle o tempo sen se decatar de que se facía de noite. Cando se
deu conta, botouse a correr para coller o saco e liscar para a casa. O can
tamén ía escentellado. Corre que te corre, ao saltar unha parede, meteu o pé
nun cepo que os do lugar tiñan posto para o raposo( porque lles zampaba as
galiñas todas).
Tivo que pasar alí a noite, pois
canto máis tiraba do pé máis dano se facía.
O amencer díxolle ao Cuco:
-Corre a casa e rasca na porta.
Cuco liscouse e cando Pepa
chegou á casa do velorio dun veciño, xa lle sangraban as unllas de tanto
rascar. Ao velo fóra a nai comezou a berrar porque o can sempre durmía dentro.
Chamou aos veciños do lado e seguiron ao can ata dar con Pepiño.
No setembro dese ano( mil
novecentos oitenta e dous) tódolos rapaces tiveron que ir ao Colexio de
Vilarmide que quedaba bastante lonxe. A pena máis grande de Pepiño era deixar a
Cuco tódolos días na cabina, pois dende as nove da mañá que marchaba ata as
seis da tarde que volvía, non se movía da parada do autobús.
Pasou o tempo. Cuco fíxose velliño
e morreu. O seu amigo enterrouno na horta da casa. Pepiño foi un bo estudante.
Hoxe ten praza de veterinario en Coristanco. No seu tempo libre adestra cans
para persoas cegas e para que no momento en que o necesiten lles axuden como
Cuco lle axudou a el.
Carmen Sambad Lema
Tíralle da lingua
xuño 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)