13/3/24

Eduardo Pondal, o noso "bardo"

Eduardo Pondal foi un poeta galego moi importante. Que sabemos da súa obra? Os Bolechas contan todo o que eles aprenderon.

12/3/24

EDUARDO PONDAL: A SÚA VIDA

 Eduardo Pondal é o poeta considerado "bardo" do pobo galego. Coñecedes a súa vida? Por que é tan importante para Galicia? Imos aprender algo máis sobre a súa figura e a súa obra. 


21/2/24

Os "Cantares Gallegos" de Rosalía, polos Bolechas

 Xa que imos celebrar o aniversario de Rosalía, non nos ven nada mal revisar un dos seus poemas mais famosos ,"Adiós ríos, adiós fontes", nesta ocasión da man dos Bolechas. Se escoitamos atentamente, caeremos na conta de que o que cantan é o comezo da súa primeira obra publicada en galego, "Cantares Gallegos", que determina a celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio. 


Aniversario de Rosalía de Castro

O día 23 de febreiro Rosalía cumpre 187 anos. E dicimos "cumpre" porque en nós sigue viva Rosalía. Por iso, este próximo venres celebraremos na biblioteca un recital dos seus poemas. Está convidado calquera que queira escoitar ou ler os seus versos. Agardámoste escoitando esta versión dos seus "Cantares gallegos".