19/5/18

"COAS MANS BALEIRAS", CREACIÓN AUDIOVISUAL NA ESCOLA

  Como sabedes, este curso participamos no proxecto "Nós tamen creamos", enmarcado dentro do Plan Proxecta.  O alumnado de 1°,2°,3° e 4° de Primaria produciron, a través da técnica stop motion, a curtametraxe de animación " Coas mans baleiras". Un traballo de innovación educativa que promove a lingua e a cultura audiovisual galega. Hoxe temos o pracer de presentarvos o resultado final. Agardamos que vos guste tanto como a nós:







17/5/18

"ABALADEIRAS" NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

       Onte rematamos os actos da Semana das Letras Galegas con cantos e danzas da nosa terra a cargo do grupo "Abaladeiras" de Muxía.

O programa xa prometía:


Mais a realidade superouno. Ollade:






16/5/18

VIKI RIVADULLA: "NATUREZAS VIVAS DE MARUJA MALLO"

   Continúan os actos de celebración da Semana das Letras Galegas nos Muiños. Hoxe tivo lugar a "Festa do mar", pola mañá con Viki Rivadulla, a pintora muxiana que sabe moito de arte e mar; pola tarde, con música, baile e moito mais coas Abaladeiras de Muxía.
Con Viki aprendimos as "Naturezas Vivas de Maruja Mallo", descubrimos novos talentos artísticos e pasámolo moi moi ben!

Aquí podedes vernos en pleno proceso de creación artística:




TEATRO NOS MUIÑOS: "A FESTA NO FAIADO"

    O grupo de teatro "Cancharrincas", integrado por alumnado de diferentes cursos de Primaria, representou a obra de María Victoria Moreno " A festa no faiado".
 Un anaquiño da alma de María Victoria achegouse hoxe ós Muiños.
 Parabéns a todo o elenco de actrices e actores polo seu talento, esforzo e responsabilidade neste proxecto.






14/5/18

MARÍA VICTORIA SEGUE BRILLANDO

      Hoxe completamos o panel de María Victoria Moreno, a escritora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
 Foi deseñado e elaborado polo alumnado de 4º de Primaria e completado por todos os alumnos e alumnas do centro que tiveron que ir resolvendo distintas probas sobre a vida, a obra e o compromiso coa lingua  e a cultura galega de María Victoria Moreno.

Velaquí o resumo da actividade:



 





10/5/18

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS      OS MUIÑOS 
MAIO 2018   

LUNS, 14:
          Composición do panel “María Victoria segue brillando”, colocado na cristaleira e elaborado polo alumnado de 4º de EP sobre a vida e obra de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano. O alumnado agardará quenda na súa aula. Baixarán resolver os contidos que compoñen o panel segundo os vaian avisando. Estas son as quendas establecidas (a hora é aproximada):

10.15: 4º, 5º e 6º de EI.
10.30: 1º de EP.
10.45: 2º de EP.
11.00: 3º de EP.
11.15: 5º de EP.
11.30: 6º de EP.

MARTES, 15:
14.30: A Chiquitropa  anuncia os eventos do día para xuntarnos todos e todas na biblioteca. (Os alumnos/as levarán a bolsa de plástico xa vestida).
14.40: Biblioteca:
·         Proxección da curtametraxe “Coas mans baleiras” producida polas alumnas e alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.
15:00: Ximnasio:
·         A Chiquitrops interpreta “O rap das Letras”
·         A orquestra do colexio interpreta “Regueifas a tutiplén”.
·         O grupo de teatro ” Cancharrincas”, integrado por  alumnado de diversos cursos representa “A festa no faiado”, baseada na coñecida obra de María Victoria Moreno.

MÉRCORES, 16:
“Festa do Mar”: Alumnado e profesorado poden vir con roupa típica mariñeira das festas do mar de Muxía: elas, faldas longas con blusa e pano na cabeza; eles, camisa e pantalón de cores claras e gorra.
11.20: Todo o alumnado diríxese ó ximnasio. ( Cada alumno/a deberá levar un estoxo co seguinte material: lapis, goma, ceras de cores, tesoiras e pegamento).
11.30 a 13.00: Obradoiro sobre a pintura e o mar, impartido pola pintora muxiana Viki Rivadulla: “Naturezas vivas de Maruja Mallo”.
14.30 a 14:50: Hora de ler
14.50: Todo o alumnado diríxese ó ximnasio.
15.00 a 16.15: Sesión didáctica e actuación do grupo “Abaladeiras” de Muxía.



ENSAIANDO "A FESTA NO FAIADO"


    O noso grupo de teatro "Cancharrincas" debutará o martes, 15 de maio coa obra "A festa no faiado", baseada na obra de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.Esta actividade enmárcase dentro do programa previsto para a Semana das Letras Galegas, que, en breve, publicaremos no blogue.
Aquí tedes unha pequena mostra dos ensaios:







3/5/18

"Leonardo e os fontaneiros" segundo o alumnado de 5º de primaria



     Os alumnos e alumnas de 5º xa son uns expertos en María Victoria Moreno, escritora á que se lle adica este ano o día das Letras Galegas. Logo de ir ver a representación  da obra de teatro "Leonardo e os fontaneiros", expresaron así de ben as súas impresións: