Hoxe é mércores, e temos un novo encontro coa nosa Bolboreta, Lydia Botana. Que quererá contarnos hoxe? Que será isto da metamorfose?
25/10/22
CORRE, CORRE, CABACIÑA
23/10/22
SABES TODO O QUE TEMOS NO MAR?
Este video fala da riqueza do noso mar, non só en canto á variedade de especies, senón tamén en canto aos seus nomes, que poden variar moito dun lugar a outro de Galicia. En pouco máis de sete minutos podemos aproximarnos aos distintos tipos de fondo do noso litoral, e os diversos nomes dos seres vivos que habitan nel.
Veredes imaxes reais combinadas co ilustracións das especies máis representativas.
O proxecto, realizado por Jaime Beiro Formoso, contou co asesoramento da divulgadora científica Bibiana García .
19/10/22
DE AQUÍ PARA ALÁ : ÁFRICA
18/10/22
"A ORIXE DA NOSA LINGUA GUAPA"
Esta curtametraxe conta dunha forma moi atractiva, a orixe e evolución da nosa lingua. Partindo dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey, a R.A.G. produciu a curta, protagonizada polo alumnado do C.P.I. Santa Lucía de Moraña. Moi recomendable a partires dos 8 anos, se queremos tratar dunha forma lúdica esta parte do curriculo, e responder a moitas interrogantes sobre a vida do galego. Colaborou nesta iniciativa a Deputación da Coruña, que patrocina todas as iniciativas do proxecto Primavera das Letras.
17/10/22
XOGOS TRADICIONAIS
O OUTONO
"DE AQUÍ PARA ALÁ!
11/10/22
ANIMALIÑOS DO MAR
Recuperamos as láminas que se ofrecen desde a páxina de ORGULLO GALEGO para achegarnos a coñecer os animaliños do mar. Cantos saberías identificar?
10/10/22
"AMAR O MAR"
"Amar o mar" é o título do proxecto que desenvolvemos este curso na nosa escola. Pero tamén é, por suposto, a emoción máis espontánea que podemos sentir vivindo onde vivimos. Para amar a alguén ou para amar algo, primeiro hai que coñecelo. E por iso este curso imos aprender moito, e imos contalo todo. Empecemos con este coñecido video de Roxelio Santos Queiruga, que en poucas palabras e con pequenas cousas, amósanos o que é amar o mar.