21/12/22
De aquí para alá: "ASIA"
Logo de recuperar forzas cos arrolos e un bo descanso, a Bolboreta foi quen de dar un bo chimpo, e atopámola agora en Asia, un continente cheo de misterios e fermosos tesouros en forma de música. Anímaste a acompañala?
14/12/22
De aquí para alá: "Arrolo"
A bolboreta xa vai mooooi cansa de viaxar. Precisa uns días tranquilos. Tan esgotada está que o que busca é que a arrolen cunha "cantiga de berce". Queredes escoitala?
13/12/22
O APALPADOR NA PÁXINA DE "ORGULLO GALEGO"
A figura do Apalpador ou "Pandigueiro" está a recuperarse en moitas zonas de Galicia. O antropólogo e escritor Rafael Quintiá fala desta tradición nun encontro impulsado desde a páxina de "Orgullo Galego".
CANTOS DE NADAL
Para ir creando ambiente, non hai nada como a música. Queda aquí este Canto de Neda como primeiro "Canto de Nadal".
7/12/22
De aquí para alá: "CUBA"
A nosa amiga bolboreta chegou a unha illa fermosa, Cuba. É un país onde foron vivir hai moitos anos algúns dos nosos antepasados galegos. Alí se cantou por primeira vez o noso himno, sabíalo?
Para que vexas todo o que a Bolboreta aprendeu alí, deixámosvos este video:
4/12/22
DE NADAL
Xa estamos en tempo de Nadal. Como se achega tamén o fin do ano, é momento de facer reconto. Cantas palabras galegas coñecemos relacionadas co Nadal? Queres facer un autotest? Pois aquí tés a primeira oportunidade. So unha resposta é válida. Podes facer un primeiro intento e mellorar a túa destreza logo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)