A discapacidade é a condición na cal unha persoa ten dificultades para realizar algunhas das actividades, xa sexa por deficiencias físicas ou mentais.
O que buscamos é a INCLUSIÓN o que significa que temos que garantir que todos teñas as mesmas oportunidades para participar nos aspectos da vida, que desenvolvan as súas capacidades e que cumpran os seus desexos.
Dende o CEIP Os Muiños, o día 3 de decembro, quixemos conmemorar o Día Internacional da Discapacidade polo que estivemos traballando nesta temática. O que buscamos foi realizar unha instalación a través de vendas con palabras escritas que reflexactisen a inclusión das persoas con discapacidade.
Participou todo o alumnado por parellas, os mais maiores ían axudando aos mais pequenos, sobre todo aos que aínda non saben escribir, e cada unha das parellas fixo a súa venda como máis lle gustou, o resultado pódese ver colgado na entrada do cole, queremos que estea sempre presente que buscamos a inclusión, polo que esperamos que dure moito.
Un saúdo dende o EDLG, ata a próxima.