22/5/24

CATÁLOGO DE XOGOS PARA O PATIO E PARA A AULA

Desde o C.E.I.P. "López Ferreiro" de Santiago de Compostela fannos chegar este catálogo dixital de xogos. Contén actividades por idades, con indicación dos materiais necesarios, explicación do xogo e presentación en video. Pode resultar útil para calquera momento do curso escolar.

15/5/24

María Canosa fala de Luísa Villalta

María Canosa, escritora ceense, ven de publicar un libro titulado "Luísa Villalta, melodía de palabras". É unha biografía de Luísa na que explica tamén a forma que tiña de expresarse, de comunicar. Esta é a presentación das súas ideas no libro:

14/5/24

A PALABRA E A MÚSICA

 Se hai algo que aprendemos de Luísa e a relación que hai entre a música e a poesía. Se vos interesa profundizar neste tema, non podedes deixar de ver este documentario da Real Academia Galega. 


FALAN OS QUE A COÑECERON

 Tedes aquí un pequeno documental sobre Luísa Villalta, no que falan amigos e compañeiros de traballo. Vemos tamén a Luísa recitando, participando da vida diaria, chea de vida e proxectos. Falan dela os que estiveron moi preto dela. 


A CANCIÓN DE LUÍSA VILLALTA

 Se queredes lembrar todo o que ten que ver con Luísa Villalta, nada mellor que esta canción a todo ritmo!


2/5/24

LEMOS A LUÍSA

Grazas ao traballo do Seminario Galán, podemos ler de forma resumida a súa biografía; ademais, temos acceso a unha escolma das súas obras na parte final deste dossier. 

POESÍA EN SILENCIO: KARAOKE

 O curso pasado pasámolo pipa cantando co "karaoke" de Francisco Fernández del Riego. Desta volta, escollendo retallos de distintos poemas de Luísa Villalta, chéganos desde o Recuncho de Tambo unha nova entrega: "Poesía en silencio".



Para acompañalo, deseñaron unha coreografía que podemos representar con cada retrouso:


A lupa de Luísa Villalta

 Este mes habemos investigar moito sobre esta muller. Para investigar, non hai nada máis útil que unha lupa, xa que nos axuda a fixar a atención e concentrarnos no máis importante, achegándonos ao que nos interesa de verdade. Aquí queda un titorial para construir a famosa lupa de Luísa Villalta.