Benvidas ao novo curso!
Retomamos a actividade do blog celebrando o Día das Escritoras. Pero...sabedes por que se celebra este día?
A Bibilioteca Nacional de España celebra cada ano esta data, dende o 2016, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado literario das mulleres, en cumprimento do 5º ODS da Axenda 2030, Igualdade de xénero.
Dende o Niño da Curuxa unímonos á celebración desta data, visibilizando a vida e obra de varias autoras que foron e son parte da literatura galega. Para coñecelas podedes visitar a exposición dalgunhas das súas obras que atoparedes na biblioteca e ver o vídeo que a continuación vos deixamos.
Agardamos que gocedes das súas lecturas!