"En setembro do 1995 chegou un novo ser á casa e á familia de Carlos Casares. Era unha boliña peluda que atopou un día na rúa cando ía dar un paseo.
Esta boliña peluda entre marrón e gris, unha cor bastante rara, era un gatiño pequeniño ao que Casares chamoulle Samuel.
Pouco a pouco foise facendo o amo da casa e condicionando ao escritor aos caprichiños que tiña, por exemplo, despois de comer Carlos acostumaba a sentarse debaixo da parra ou do magnolio que tiña na horta nun sillón vello que pintara de azul e que lle puxera uns coxíns para que fose máis cómodo. Alí escribía, pensaba, dormichaba...Ese era o momento e o sitio preferido por Samuel para acomodarse nas pernas de Casares para que coa man que lle quedaba libre o acariciara.
Carlos non concebía o día a día sen o seu gato, tanto é así que converteuse no protagonista indiscutible do artículo "A marxe" que escribiu durante longo tempo no xornal "La voz de Galicia".
Cando Carlos Casares morreu, Samuel andaba desorientado, buscando por tódolos sitios posibles, metíase nas estanterías e tiraba cos libros, subía á máquina de escribir e trabáballe as teclas, metíase na cama e rabuñábaa toda, iba ao desván e tiraba todas as cousas que Cristina gardaba do seu home en caixas...Cando se cansaba ía para á horta e deitábase no sillón.
Así pasou tres anos. Un día de setembro do 2005 percorreu toda a horta, como de costume, pero dun chimpo saltou a parede que o separaba da carretera e caeu diante dun coche.
Non tiña ferida, a súa pelaxe estaba perfecta e brillante, coma sempre, a súa cara e os bigotes cunha expresión como si estivera sentado con Carlos Casares no sillón azul".
CARMEN
No hay comentarios:
Publicar un comentario