19/12/17
O Apalpador chegou ós Muiños!
Onte visitounos O Apalpador, tamén chamado O Pandigueiro e o
Apalpabarriguiñas. Despois dun longo camiño dende as montañas do Caurel e os Ancares
ata a Costa da Morte, chegou ao colexio dos Muiños. Con el viña Alicia, a
súa axudante. Contáronnos que nas terras daló dos Ancares ocorreu unha
desgraza: arderon os montes e a algúns veciños ata lles ardiu a casa.
Desolador! Ensináronnos valores ecolóxicos, a importancia do coidado da
natureza e tamén a importancia dunha alimentación sá. Tamén a compartir e
a ser solidarios. E como este curso estamos a traballar o proxecto da
música, achegáronnos cantigas e bailes que promoven todos eses valores.
Que ben o pasamos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario