Énchenos de honra comunicar que o CEIP Os Muiños de Muxía foi o grande protagonista dunha entrega de premios que tiña espectante a un auditorio ateigado con máis de 300 persoas.
Na primeira categoría (1º a 3º de Educación primaria) o primeiro premio foi para as nosas alumnas e alumno, Noemí Alamancos, Guillermo Albo e Lara Caamaño (2º e 1º cursos de Primaria, respectivamente) polo recitado do poema "O cuco" de Manuel María.
Na segunda categoría (4º a 6º de Educación primaria), o xurado concedeu unha Mención Honorífica a nosa alumna Carla Martínez Papín de 6º de Primaria polo recitado do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro. Nesta categoría resultou premiado Izan Pérez Asensio do CEIP Barrantes de Tomiño.
Segundo declarou a propia organización, o concurso foi competitivo e emocionante. O altísimo nivel puxo moi complicado o veredicto do xurado. Ahí, no mais alto nivel, estiveron os nosos alumnos e alumnas. Parabéns para todas e todos!
Premede para acceder a publicacións relacionadas co evento:
La voz de galicia
Casa-Museo de Manuel María
21noticias
21noticias entrega premios
No hay comentarios:
Publicar un comentario