6/6/18

INDIE POP GALEGO NOS MUIÑOS


        Este curso estamos a traballar, entre outros, o proxecto "A Música". A actividade "Músicas a Tutiplén", enmarcada nas actividades da Biblioteca, rematou hoxe coa exposición do estilo indie pop por parte do alumnado de 4º de Primaria.

   Despois de facer unha viaxe no tempo explicándonos as orixes da música pop e indie, lembráronnos que en Galicia está arrasando con grupos como Eladio y los seres queridos, que veñen de gañar o premio Martín Códax nesa modalidade; Iván Ferreiro, que canta a canción da exitosa serie de televisión "Fariña" ou Xoel López, que canta o poema "No niño novo do vento", de Álvaro Cunqueiro. Ademais agasalláronnos co poema ilustrado por eles mesmos.







3/6/18

VISITA Ó DOLMEN DE DOMBATE

  O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria realizou unha visita ó Dolmen de Dombate. A actividade consistiu na visita guiada ó dolmen,  ademais visualizaron un documental sobre as formas de vida na Prehistoria e levaron a cabo o obradoiro "As ondas sonoras" no que aprenderon a elaborar unha bramadeira, instrumento musical do Neolítico. A vindeira semana visitarano os pequenos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria.