O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria realizou unha visita ó Dolmen de Dombate. A actividade consistiu na visita guiada ó dolmen, ademais visualizaron un documental sobre as formas de vida na Prehistoria e levaron a cabo o obradoiro "As ondas sonoras" no que aprenderon a elaborar unha bramadeira, instrumento musical do Neolítico. A vindeira semana visitarano os pequenos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario