27/12/19

PRIMAVERA DAS LETRAS 2019

O noso cole recibiu este diploma da Real Academia  Galega en recoñecemento ao noso traballo no curso escolar 2018-2019 en prol do recordo e divulgación da vida e da obra de  Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019


Este diploma foi enmarcado e exposto na biblioteca do noso centro.

Á SOMBRA DO MILLO VERDE


O alumnado de 4º de E.I recita o poema "Á sombra do millo verde".





POEMA: O OUTONO

O alumnado de 4º de Educación Infantil recita o poema "O Outono".




9/12/19

PAN DE MILLO (alumnado de 4º Educación Infantil)

OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL SON XA UNS EXPERTOS FACENDO PAN DE MILLO.

NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE, TENDO EN CONTA O PDI DO CENTRO "OS NOSOS OFICIOS" DESCUBRIRON TODO O PROCESO DE ELABORACIÓN DO PAN DE MILLO: PLANTAR, DEBULLAR, GARDAR, MOER, PENEIRAR, AMASAR, E POR SUPOSTO MERENDAR!

DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO QUE REFLICTE TODO ESTE PROCESO.


30 de Outubro: SAMAÍN

O 3 de outubro, celebramos o Samaín con varias actividades relacionadas con esta festividade. Entre elas destacamos:



- A AULA DO TERROR:

















- CONTACONTOS DE SAMAÍN:




O alumnado de 4º de Educación Primaria contou o conto "A casa enmeigada" de Jan Pienkowski ao alumnado de Educación Infantil.



O alumnado de 5º de Educación Primaria contou o conto adaptado por Xosé Ballesteros "Tío Lobo"  ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.



O alumnado de 6º de Educación Primaria representou o conto "Os Tres Bandidos" de Tomi Ungerer.







- REPRESENTACIÓN DO CONTO: O PAPÓN

O profesorado e persoal non docente do noso centro representou para todo o alumnado o conto "O Papón"







4/12/19

"NO OUTONO AS CABAZAS COS OFICIOS AMEAZAN"

Este ano 46 familias puxeron o seu graniño de area no Concurso de Cabazas "No Outono as cabazas cos oficios ameazan" 

Agradecemos a vosa adicación, orixinalidade e creatividade, pois foi moi difícil decidir as cabazas gañadoras.



Neste video poderedes ver todas as cabazas.




As familias gañadoras do Concurso  " No Outono as Cabazas cos Oficios Ameazan" foron:















CAMPAÑA "BÓTANOS UNHA MAN E LEVA LIBROS POR UN REFRÁN


OS EQUIPO EDLG (EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA) E  DE BIBLIOTECA PROPUXEMOS ÁS FAMILIAS UNHA RECOMPILACIÓN DE REFRÁNS DE SAMAÍN E MAGOSTO A CAMBIO DE TRES LIBROS DA BIBLIOTECA.




A  VERDADE É QUE FOI TODO UN ÉXITO! MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.




QUEN DIXO MEDO?


Esta actividade colaborativa foi levada a cabo polo Samaín e estivo relacionada co PDI "Os Nosos Oficios".

O alumnado do noso centro buscou información sobre os oficios que "máis terror" causan ás persoas.

Entre os elexidos destacamos:

- Coidador de Cadáveres (Educación Infantil)
- Médico Forenser (1º e 2º E.P) 
- Sepultureiro (3º E.P)
- Taxidermista (4ºE.P)
- Embalsamador (5ºE.P)
- Tanatopraxista (6º E.P)







2/12/19

RECIBIMOS POSTAIS DE SAMAÍN

O CEIP DE FUGUEIROA, O CEIP PÉREZ VIONDI E O CEIP DE BERGANTIÑOS ENVIÁRONNOS POSTAIS DE SAMAÍN.
OS NOSOS AGRADACEMENTOS POR COMPARTILAS CON NÓS.

Elaboramos Postais de Samaín.

Este ano, polo Samaín , elaboramos unhas postais para enviar a tres centros: CEIP Pérez Viondi (A Estrada), CEIP de Figueiroa (A Estrada) e CEIP Bergantiños (Carballo). 




4/11/19

CORRE CORRE, CABACIÑA

O alumnado de 4º de E.I. cóntanos o conto de "Corre corre, cabaciña".

OS GRANXEIROS DE 4 º E.I. SAÍRON A PLANTAR



O alumnado de 4º de Educación Infantil, que este ano escolleron o oficio de "Granxeiros" dentro do Proxecto Documental Integrado (PDI) do centro, saíron plantar leitugas, millo, pirixel e menta.



2/11/19

Enviamos cartas!!!

O 25 de outubro o noso alumnado de 5º respondeu ás cartas recibidas.


24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha xuntanza na Biblioteca do Centro. Neste acto, presentóuselle ao alumnado o club de lectura "Os papalibros", o club de teatro "do tres ao catro", os distintos blogs do centro, o voluntariado de biblioteca deste curso escolar etc

Tamén se reproduciu un vídeo no que se pode observar o proceso de elaboración do mural "os nosos oficios"


Co fin de finalizar o acto e dar entrada ás festividades de Samaín e Magosto, o alumnado desfrutou do conto-vídeo "A bruxa regañadentes".

28/10/19

Club de Teatro do Tres ao Catro (2019-2020)



Presentámosvos ao alumnado participante no " Club de teatro  do Tres ao Catro" deste curso 2019-2020.




"Os Nosos Oficios"

Presentamos a temática do Proxecto Documental Integrado (PDI) do noso centro cun mural que decora as escaleiras que suben ás aulas de Educación Primaria .


Durante este curso 2019-2020 o alumnado dos distintos niveis desenvolverán un traballo de investigación dos seguintes oficios tradicionais galegos:

- 4º de Educación Infantil : granxeiros
- 5º e 6º de Educación Infantil: zapateiros
- 1º e 2º de Educación Primaria: redeiras e palilleiras
- 3º Educación Pimaria: oleiros
- 4º Educación Primaria: cesteiros
- 5º Educación Primaria: mariñeiros
- 6º Educación Primaria: carpinteiros

23/10/19

Recibimos cartas con ilusión

Onte, 22 de outubro, recibimos cartas do CEIP PÉREZ VIONDI (A Estrada).

Enviamos cartas

O 11 de outubro, o alumnado voluntario de 5º de E.P enviou ao alumnado do CEIP Pérez Viondi  as primeiras cartas deste curso 2019-2020.



9/10/19

RECIBIMOS AS PRIMEIRAS CARTAS DESTE CURSO

O alumnado de 5º de Educación Primaria recibiu onte as primeiras cartas deste curso escritas polos alumnos e alumnas do CEIP Pérez Viondi (A Estrada).

Deixámosvos un vídeo no que se poden ver as súas caras de emoción e ilusión.


25/6/19

FESTIVAL FIN DE CURSO


O 21 de xuño quixemos despedirnos deste curso académico 2018-2019 cun festival de peche no que houbo as seguintes actuacións:

- OBRA DE TEATRO: As catro cirurxiás cortan polo san ( Club de teatro do Tres ao Catro)

- COREOGRAFÍA ZUMBA E RITMOS LATINOS: actividade extraescolar.

- CONCERTO PARA PIANO "Para Elisa" de Beethoven : Lucas (6º EP)

- CONCERTO PARA PIANO "Nuvole Bianche": Valentina (5ºEP)

- OBRA DE TEATRO: Rosiña non quere ser Carapuchiña ( Club de teatro do Tres ao Catro)

- COREOGRAFÍA MIX HAVANA-POWER: alumnado de 6º EP

- ENTREGA DE AGASALLOS DA XINCANA


- "MUIÑEIRA DE CHANTADA": orquestra do colexio "Os muiñeiros"




Enviamos a última carta do curso

RECIBIMOS CARTAS

 
O 17 de xuño o alumnado de 4º de educación Primaria volveu recibir cartas do CEIP Pérez Viondi. Están encantados!!!


 

Aprendemos galego con Davila

O alumnado de 6º de EP editou viñetas de Davila para repasar a gramática ou a ortografía da lingua galega.

Deixámosvos un enlace no que as poderedes visualizar.

https://issuu.com/pacolojo/docs/davila

XOGOS SCRATCH ELABORADOS POLO ALUMNADO DE 6º EP



O alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou xogos interactivos para traballar aspectos da lingua galega como o verbo, os nomes de lugares etc

Aquí vos deixamos as ligazóns por se o queredes intentar!!


https://scratch.mit.edu/projects/288131127/fullscreen/

https://scratch.mit.edu/projects/293309933/fullscreen/

https://scratch.mit.edu/projects/293313219/fullscreen/

https://scratch.mit.edu/projects/289862177/fullscreen/

https://scratch.mit.edu/projects/295775779/fullscreen/

https://scratch.mit.edu/projects/297316692/fullscreen/

https://scratch.mit.edu/projects/300974118/fullscreen/

20/6/19

11 de Xuño

O 11 de xuño o alumnado do noso cole participou na "Xincana en feminino" para poñer o punto final do Proxecto Documental Integrado "Muller tiña que ser".

Nesta actividade os alumnos e alumnas estiveron divididos en 7 equipos para realizar unhas probas relacionadas coa información aprendida durante este ano sobre as 7 mulleres do noso proxecto.

19/6/19

Club de teatro do Tres ao Catro

Este ano creamos no Ceip os Muíños un club de teatro ao que decidimos chamarlle "Club de teatro do Tres ao Catro" tendo en conta que esta actividade está dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

 

Levamos varios meses ensaiando dúas obras de teatro que estrearemos o vindeiro venres 21 de xuño no festival de fin de curso do noso colexio.

O alumnado de terceiro preparou a obra "Rosiña non quere ser Carapuchiña".

 

Pola súa banda o alumnado de 4º de Educación Primaria presentará a obra "As catro cirurxiás".



A voz da Muller






O alumnado de 5º de Educación Primaria participou este ano no programa "Prensa-escola" grazas ao cal cada mércores recibiu varios exemplares de "A voz de Galicia".

Co fin de poder relacionar esta actividade co Proxecto Documental Integrado "Muller tiña que ser" , o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca e o titor de 5º de Educación Primaria decidiron elaborar o mural "A voz da muller".

Para levar a cabo este proxecto, os alumnos de 5º trataron de buscar, reelaborar e traducir ao galego as novas nas que a muller era a protagonista.

Aquí tedes o resultado.




Enviamos carta ao CEIP Pérez Viondi

O alumnado de 4º de Educación Primaria ilusionouse tanto coas cartas recibidas que tratou de responder coa maior rapidez e con moitas ansias de poder recibir máis cartas.


O alumnado de 4º de Educación Primaria recibe as primeiras cartas individuais

 
O 27 de maio o alumnado de 4º de educación primaria recibiu as súas primeiras cartas persoais dos nenos e nenas do CEIP Pérez Viondi. 
 
Menuda ilusión!!
 
 
 

17/6/19

GAMIFICACIÓN: INFORME ANTÓN FRAGUAS

En plena celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado do CEIP Os Muíños participou nunha actividade de gamificación co fin de axudar a doce superheroínas do Universo Marvel a completar o "Informe Antón Fraguas".

Esta actividade foi deseñada para aproximar aos nenos e nenas á figura de "Antón Fraguas", homenaxeado o pasado 17 de maio.

Para levar a cabo a investigación, cada superheroína creou o seu equipo implicando nenos e nenas desde 4º de educación infantil ata sexto de educación primaria.

Cada equipo tivo que completar dito informe a través da busca de información oculta e da resolución de problemas así como do seguimento de pistas que lle facilitaron o movemento entre as distintas estancias do colexio.

Nesta actividade o alumnado tivo contacto coa realidade aumentada, co uso de tinta invisible, coa descodificación de mensaxes, coa búqueda de palabras en sopa de letras,  coa resolución de quebracabezas etc.

Unha vez que todos os grupos conseguiron completar o "Informe Antón Fraguas " cos datos biográficos requeridos, os tres primeiros grupos en finalizar a investigación, procederon a buscar tres números escondidos no ximnasio do centro. Unha vez atopados, tiveron que ordenalos  de maior a menor para coñecer así os tres últimos díxitos do ano de xubilación de Antón Fraguas. Estos  números foron necesarios tamén para poder abrir o cadeado dunha caixa na que as doce superheroínas enviaron  un agasallo como agradecemento pola implicación do alumnado.

Aquí vos deixamos un vídeo no que queda ilustrado cada momento desta investigación.





Mural Día Das Letras Galegas

Tendo en consideración o  proxecto "Muller tiña que ser", este ano,  o noso mural do Día das Letras Galegas, quixo ilustrar o pouco protagonismo que tivo a muller nesta conmemoración, xa que desde 1963, só catro escritoras galegas foron homenaxeadas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido ( 1987), María Mariño ( 2007) e María Victoria Moreno (2018) 



Andrea Maceiras visita o CEIP OS MUÍÑOS

O día 7 de maio, Andrea Maceiras visitou o noso centro, e en particular ao alumnado do  club de lectura "Os papalibros", tendo en conta que levaban un tempo lendo o seu libro " Volverás, golfiño".

13/6/19

Día da Ciencia

O día 3 de de maio, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participaou nunha actividade de  convivencia no IES Ramón Caamaño co fin de conmemorar o "Día da Ciencia".





Análise de Etiquetas

O 25 de Abril, a Doutora Berenxena visitou o noso cole para concienciarnos da cantidade de azucre que tomamos a diario sen darnos conta.

Esta actividade foi proposta dende O proxecto "Hortuxa" do noso centro.









5/6/19

VIDEOCONFERENCIA CO CEIP PÉREZ VIONDI

O 2 de maio, o alumnado de 4º de Educación Primaria participou nunha videoconferencia co CEIP Pérez Viondi na que lle presentaron o mundo de  Viki Rivadulla.