Esta actividade foi deseñada para aproximar aos nenos e nenas á figura de "Antón Fraguas", homenaxeado o pasado 17 de maio.
Para levar a cabo a investigación, cada superheroína creou o seu equipo implicando nenos e nenas desde 4º de educación infantil ata sexto de educación primaria.
Cada equipo tivo que completar dito informe a través da busca de información oculta e da resolución de problemas así como do seguimento de pistas que lle facilitaron o movemento entre as distintas estancias do colexio.
Nesta actividade o alumnado tivo contacto coa realidade aumentada, co uso de tinta invisible, coa descodificación de mensaxes, coa búqueda de palabras en sopa de letras, coa resolución de quebracabezas etc.
Unha vez que todos os grupos conseguiron completar o "Informe Antón Fraguas " cos datos biográficos requeridos, os tres primeiros grupos en finalizar a investigación, procederon a buscar tres números escondidos no ximnasio do centro. Unha vez atopados, tiveron que ordenalos de maior a menor para coñecer así os tres últimos díxitos do ano de xubilación de Antón Fraguas. Estos números foron necesarios tamén para poder abrir o cadeado dunha caixa na que as doce superheroínas enviaron un agasallo como agradecemento pola implicación do alumnado.
Aquí vos deixamos un vídeo no que queda ilustrado cada momento desta investigación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario