20/2/20

Comezamos os ensaios "Club de teatro do Tres ao Catro"

O alumnado de terceiro pertencente ao club de teatro "Do Tres ao Catro", comezou hoxe día 20 de febreiro a practicar a obra de teatro "O país sen nome".

20 de Febreiro : Disfrace libre







19 de febreiro: Mandil, botas de auga e sombreiro

Onte, mércores 19 de febreiro seguimos a consigna do Meco "O mércores o cole enteiro traerá mandil, botas de auga e sombreiro".





Canto conto ten o profe : Tres desexos

Onte, día 19 de febreiro, a titora de 3º EP participou na hora no recreo no recuncho "Canto conto ten o profe" lendo o conto  a alumnado voluntario.


OBRADOIRO AECC


O alumnado de educación infantil, 1º, 2º , 3º e 4º participou onte, día 19 de febreiro, nun obradoiro sobre as emocións e o de 5º e 6º de EP  en “Actúa contra o cancro, actúa pola saúde” grazas a AECC (Asociación Española contra o cancro).






Adios Ríos, Adios Fontes

Aquí vos deixamos un vídeo elaborado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca do centro para ensaiar o poema musicado de Rosalía de Castro a través de pictogramas, o cal recitaremos todos o próximo venres 28 de febreiro.

17/2/20

Luns 17 de Febreiro: Mandil !!

Estamos na semana de Entroido e seguimos aconsigna do Meco "O luns se te queres divertir, cun mandil terás que vir" .


Os de 3º EP elixen personaxes!!

O pasado xoves 13 de febreiro, na hora de ler, o alumnado de 3º E.P. pertencente ao "Club de teatro do tres ao catro" elexiu a súa personaxe para comezar a ensaiar a obra de teatro "O país sen nome".
Están moi ilusionados!

Contos de Oficios

O pasado  venres 7 de febreiro, a nai dunha alumna de 3º de Educación Primaria contou o conto "Granxeiro Veterinario"

Agradecemos moito a súa colaboración para poder levar a cabo esta actividade.








CANTO CONTO TEN ...!

O pasado mércores 5 de febreiro, a mestra de 4º de Educación Primaria leu o conto "Os Tres bandidos" na biblioteca durante a hora do recreo.


Marea de xente e oficios

Este vídeo creouse para que o alumnado e profesorado aprendese a canción "Marea de xente e oficios" a través de pictogramas.

10/2/20

DÍA DA PAZ: MAREA DE XENTE E OFICIOS

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz, formando unha grande pomba no chan do ximnasio e representando a canción "Marea de Gente" de Macaco adapatada ao PDI do noso centro e titulándoa "Marea de Xente e Oficios".
Nesta ocasión empregamos a lingua de signos para a súa representación.



Na pomba quixemos incluir os oficios sobre os que estamos a traballar neste curso académico, polo que varios alumnos representaron  os seus oficios no interior desta.

Ademais  alumnado e o  profesorado que forma o contorno da  pomba viste unha camiseta branca co pictograma representativo do seu oficio.










Cada alumno e mestre do centro elaborou un pictograma para crear un mural coa letra da canción a través de  pictogramas.













































AS NOSAS MENSAXES DE PAZ

O alumnado do centro, participou na elaboración deste mural escribindo mensaxes de paz. Os nosos agradecementos pola súa colaboración.







O alumnado de 5º envía e recibe postais ao alumnado do CEIP Pérez Viondi

O alumnado de 5º de Educación Primaria , enviou e recibiu unha Postal de Nadal  ao alumnado do CEIP Pérez Viondi (A Estrada), tendo en conta que durante este curso e o anterior están totalmente en contacto a través do intercambio de cartas. 

Os nosos agradecementos ao alumnado do CEIP Pérez VIONDI e ao alumnado de 5º, que de xeito voluntario, fan posible que esta actividade conxunta se poda levar a cabo.