7/2/20

UN NADAL DE OFICIOS

O venres 20 de decembro demos remate ao 1º trimestre co festival "UN NADAL DE OFICIOS" no que paricipou o alumnado, o profesorado e o persoal non docente do centro, e ao que estiveron convidadas as familias .
Relacionamos a actividade co proxecto anual "Os nosos oficios",  polo que cada curso presentou o seu oficio e fixo unha actividade relacionada co mesmo. 



Os granxeiros de 4º de Educación Infantil representaron a canción "A horta de Balbina" 






Os zapateiros de 5º e 6º de Educación Infantil, cantaron a canción "ZAPATEIRO"





As redeiras e palilleiras de 1º e 2º de Eucación Primaria deleitáronnos cunha propia de creación propia 

"Palilleiras e Redeiras salvan o Nadal".








Os oleiros de 3º amenizan este festival coa panxoliña

 "Xa me tardan os oleiros"







Os cesteiros de 4º de Educación Primaria interpretaron a panxoliña "Cesteiriños de Nadal".









Os mariñeiros de 5º de Educación representaron a obra de teatro de creación propia "Andamos ao Mar"








Os Carpinteiros de 6º de Educación  deleitáronnos coa obra de teatro de creación propia "Un moble de Nadal".



Xa case para rematar este festival, todo o alumnado representou a canción "Os nosos Oficios", a cal  inclúe os sete oficios aos que este curso lle estamos dando grande relevancia.







Para finalizar o festival "Un Nadal de Oficios" o profesorado e persoal non docente do centro cantaron e bailaron ao ritmo de "Cantiga do Apalpador".




No hay comentarios:

Publicar un comentario