Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas, rendemos homenaxe ao
escritor, filólogo e profesor Ricardo Carvalho Calero, grazas á colaboración e participación do alumnado e familias.
Carla e a súa familia desfrutaron do conto "As pitas
baixo a choiva", un dos máis famosos do escritor
e enviaron esta imaxe.
baixo a choiva", un dos máis famosos do escritor
e enviaron esta imaxe.
O alumnado de 1º e 2º E.P. fálanos da vida e obra do escritor,
a tráves do xogo "Pásame a pelota e falas de Ricardo
Carvalho Calero porque che toca".
O alumnado de 6º E.P. e Aurelia, a mestra de Lingua Galega,
para conmemorar esta data fixeron unha lectura compartida
a través da aplicación Cisco Webex.
Escolleron "A xente na barreira", a primeira novela en galego
publicada na posguerra.
a tráves do xogo "Pásame a pelota e falas de Ricardo
Carvalho Calero porque che toca".
para conmemorar esta data fixeron unha lectura compartida
a través da aplicación Cisco Webex.
Escolleron "A xente na barreira", a primeira novela en galego
publicada na posguerra.
Len o capítulo "O maragato"
O noso agradecemento, unha vez máis, ao profesorado,
alumnado e familias por facer posible todo isto, dándonos
a oportunidade de conmemorar, a pesar da distancia, un
día tan importante como o das NOSAS LETRAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario