Coñecedes o "PROXECTO REBINXE"? Segundo parece este nome tan raro é o acrónimo de "recuperación da biodiversidade na xeografía (rural)". É unha marabillosa iniciativa do I.E.S. San Rosendo de Mondoñedo. Tratan de desenvolver iniciativas para protexer o seu entorno, a Serra do Xistral, un riquísimo ecosistema que pode estar en perigo. Para que teñades unha idea do traballo espectacular que están facendo non tedes máis que asomarvos a esta xaneliña e ver o que gravaron colocando unha cámara no medio do bosque. Ollade...
De cantos animaliños dos que aquí se ven coñeces o nome?
No hay comentarios:
Publicar un comentario