18/12/25

NADAL EN GALEGO


Boas!

Chegamos ao remate do 1º trimestre e agora toca gozar do Nadal con familia e amizades.

Deixamos por aquí algunhas propostas para gozar destas semanas de vacacións en galego:

  • Goza destes días sen cole para ler algún libro en galego ou ver algunha película en galego. Na web do Xabarín tes varias opcións e na plataforma Netflix tamén podedes atopar opcións en galego. 

E lembrade: o Nadal tamén é tempo para facer unha reflexión sobre o ano que remata e pensar nos propósitos para o novo ano

Dende o cole cada persoa pediu un desexo para un 2026 máis sostible.


Animámosvos a reflexionar que podedes facer vós para contribuír a que o novo ano sexa máis sostible?

Boas festas e feliz Aninovo, comunidade!

9/12/25

DANZA DAS ESPADAS


O pasado venres, 5 de decembro, puidemos coñecer unha das tradicións de Muxía, da man de Lucía, da Asociación Protectora da Danza das Espadas de Quintáns.

Aprendemos sobre a orixe desta danza tradicional da parroquia de Quintáns, que no comezo só era unha danza bailada por homes pero que se mantivo no tempo grazas ás mulleres que comezaron a participar cando non había remuda xeracional e tamén coñecemos o vestiario necesario para danzar.

E despois da teoría, aprendemos a bailala.  

      





Grazas, Lucía, por ensinarnos esta tradición muxiá. 

Coa túa visita máis dalgún e dalgunha está pensando en participar o vindeiro agosto, así que deixo por aquí a súa rede social para que non vos perdades ningunha novidade:


https://www.instagram.com/danza_espadas_quintans/

Un saúdo!

3/12/25

PALABRA DO ANO EN GALEGO


Boa tarde,


A RAG, a través do Portal da Palabras, acaba de poñer en marcha a votación da Palabra do ano 2025. 


É unha iniciativa anual para "tomar conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos".
As palabras finalistas que optan a se converter na Palabra do Ano 2025 son:




Sabes o que significa cada unha? Infórmate do seu significado e para a pensar cal cres que define mellor este ano que remata. 

Logo podedes votar AQUÍ ata o 21 de decembro e compartir con familia e amizades, para que tamén poidan votar.


E, quen sabe... para o próximo ano ata podemos propoñer como Palabra do Ano 2026 unha palabra tan singular de Muxía como é COMAREA.


A VOTAR POLA PALABRA DO ANO!






21/11/25

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS



  Esta semana, dentro do mes da ciencia en galego, contamos no centro cunha exposición de cogomelos da asociación AMABUL. Nela puidemos coñecer a importancia ecolóxica e ambiental destes seres vivos, ademais de identificar as súas principais características e as normas básicas para poder apañalos, grazas á guía de Daniel, da Asociación Micolóxica "Pan de Raposo" de Cee.


Podedes ver a exposición de maneira virtual de novo na seguinte ligazón:

https://www.amabul.org/divulgacion-ambiental/wood-wide-web-a-rede-que-da-vida-ao-planeta/



Sigamos aprendendo sobre ciencia en galego!

Deica pronto!

















7/11/25

DÍA DE NEIRA VILAS



O pasado luns, día 3 de novembro, celebrouse o día de Neira Vilas. Na data do seu nacemento conmemoramos a un dos escritores máis destacados da nosa literatura, realizando unha exposición da súa obra dende a biblioteca escolar, que lles permitiu ao alumnado achegarse á lectura dalgúns dos seus títulos máis destacados. 






16/10/25

DÍA DAS ESCRITORAS 2025


Benvidas ao novo curso!

Retomamos a actividade do blog celebrando o Día das Escritoras. Pero...sabedes por que se celebra este día?
A Bibilioteca Nacional de España celebra cada ano esta data, dende o 2016, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado literario das mulleres, en cumprimento do 5º ODS da Axenda 2030, Igualdade de xénero.
Dende o Niño da Curuxa unímonos á celebración desta data, visibilizando a vida e obra de varias autoras que foron e son parte da literatura galega. Para coñecelas podedes visitar a exposición dalgunhas das súas obras que atoparedes na biblioteca e ver o vídeo que a continuación vos deixamos.

Agardamos que gocedes das súas lecturas!








Aquí unha mostra do traballo realizado polo alumnado de Educación Infantil sobre a poetisa Dora Vázquez.




22/5/25

Letras Galegas 2025

O día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, un día moi importante para todos. Este ano adicóuselle o día as Cantareiras, todas esas mulleres que levaban na gorxa un altavoz no que contaban todo o que lles ocorría no seu día a día e que deixaron un gran patrimonio oral que foi pasando de xeración en xeración. 

O alumnado de Infantil adicaronse a decorar e presentar toda a conmemoración, ademais, como sorpresa cantaron e bailaron unha muiñeira para todos, fixerono xenial! 

Os nenos e nenas de 1º EP e 2ºEP falaron de Eva Castiñeira, ata trouxeron un disco de vinilo para ensinar. 

O alumnado de 3ºEP fixeron un traballo sobre Adolfina e Rosa de Cerceda, e ata cantaron e bailaron muiñeira. Son todos e todas uns e unhas artistas!

Os alumnos e alumnas de 4ºEP estiveron a investigar sobre os Cancioneiros e a verdade é que sacaron moita información.

Os e as de 5ºEP falaron das Pandereteiras de Mens, fixeron un gran traballo!

E os mais maiores do cole sobre a Poesía popular e as actuais cantareiras, elixindo a Mercedes Peón, Tanxugeurias e Fillas de Cassandra, entre outras moitas...


Aquí vos queda un pequeno vídeo..



18/3/25

QUE MULLER!

O día 8 de marzo celebrouse o Día da muller e, neste caso, os alumnos e alumnas de 5ºEP quixeron ensinarnos as mulleres da súa vida. 

Destacan esas nais amigables, as avoas de sorriso eterno, as amigas inseparables ou as irmás loitadoras, entre outras. 















7/3/25

O día de Rosalía de Castro

 


O día 23 de febreiro conmemorouse o día de Rosalía de Castro, e nos, non íamos deixalo pasar. Ademais do tendal de Rosalía e do recitado de poemas proposto pola biblioteca, moitas aulas quixeron tela máis presente. 
Por aquí vemos algunhas das actividades que fixeron os alumnos de 5ºEP e de EI. 













7/1/25

NADAL NO COLE!

 O día 20 de decembro celebramos o Nadal no cole, pola mañá dende o EDLG quixemos levar a cabo algunhas actividades divertidas para todo o alumnado. 

Primeiro, fixemos diferentes talleres de adornos de nadal: en infantil fixeron uns renos moi bonitos, en primeiro e segundo de primaria unhas árbores con la do máis orixinais, en 3ºEP e 4ºEP unhas árbores con moito "brilli-brilli" e os máis maiores fixeron uns adornos para o lapis. 

Despois veu Papá Noel a recoller as nosas peticións e a darnos moitísimos caramelos. E por último, tivemos as Badaladas do 2024 con gusanitos e moita música, xa que fixemos unha pequena discoteca, pásamolo xenial por iso non temos moitas fotos. 

Pero os días anteriores tamén estivemos a traballar, fixemos unha árbore de Nadal con botellas de auga recicladas, que pintamos de verde. Despois, todas as persoas do cole: os alumnos, profes, o conserxe Pablo, Marisa a limpiadora e Asun e Sandra do comedor pegamos o noso desexo deste ano. 



Dende o equipo de dinamización da lingua galega esperamos que o pasárades moi ben e que veñades con forza e ganas para seguir traballando.