EXPOSICIÓN DE COGOMELOS
Esta semana, dentro do mes da ciencia en galego, contamos no centro cunha exposición de cogomelos da asociación AMABUL. Nela puidemos coñecer a importancia ecolóxica e ambiental destes seres vivos, ademais de identificar as súas principais características e as normas básicas para poder apañalos, grazas á guía de Daniel, da Asociación Micolóxica "Pan de Raposo" de Cee.
Podedes ver a exposición de maneira virtual de novo na seguinte ligazón:
Sigamos aprendendo sobre ciencia en galego!
Deica pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario