2/11/17

SAMAÍN NOS MUIÑOS!



·                         Esta semana celebramos o Samaín celta de culto aos mortos e ás colleitas. Disfrazámonos de celtas e organizamos un magosto con obradoiros ó aire libre (o tempo permitiuno) de decoración con castañas e caretas de cabaza en Educación infantil e  estampación e decorado de botes para candeas en Educación Primaria. Tamén organizamos xogos populares: "Paraugas", "Comecastañas", "Diana de alimentación" e "Busca nos conos".
Velaquí o enlace ó resumo da xornada: https://youtu.be/i2St4wHlOCQ

CONTACONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA

Os alumnos e alumnas de 4º contan e escenifican un conto sobre "A Santa Compaña" para os de 1º e 2º. O conto inventouno e redactouno Shamira Hrimou e este foi o resultado:





23/5/17

HOMENAXE AO GATO SAMUEL

"En setembro do 1995 chegou un novo ser á casa e á familia de Carlos CasaresEra unha boliña peluda que atopou un día na rúa cando ía dar un paseo. 
Esta boliña peluda entre marrón e gris, unha cor bastante rara, era un gatiño pequeniño ao que Casares chamoulle Samuel. 
Pouco a pouco foise facendo o amo da casa e condicionando ao escritor aos caprichiños que tiña, por exemplo, despois de comer Carlos acostumaba a sentarse debaixo da parra ou do magnolio que tiña na horta nun sillón vello que pintara de azul e que lle puxera uns coxíns para que fose máis cómodo. Alí escribía, pensaba, dormichaba...Ese era o momento e o sitio preferido por Samuel para acomodarse nas pernas de Casares para que coa man que lle quedaba libre o acariciara. 
Carlos non concebía o día a día sen o seu gato, tanto é así que converteuse no protagonista indiscutible do artículo "A marxe" que escribiu durante longo tempo no xornal "La voz de Galicia".
Cando Carlos Casares morreu, Samuel andaba desorientado, buscando por tódolos sitios posibles, metíase nas estanterías e tiraba cos libros, subía á máquina de escribir e trabáballe as teclas, metíase na cama e rabuñábaa toda, iba ao desván e tiraba todas as cousas que Cristina gardaba do seu home en caixas...Cando se cansaba ía para á horta e deitábase no sillón. 
Así pasou tres anos. Un día de setembro do 2005 percorreu toda a horta, como de costume,  pero dun chimpo saltou a parede que o separaba da carretera e caeu diante dun coche. 
Non tiña ferida, a súa pelaxe estaba perfecta e brillante, coma sempre, a súa cara e os bigotes cunha expresión como si estivera sentado con Carlos Casares no sillón azul". 

                                                               CARMEN 




13/3/17

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Estamos ás portas un ano máis do Día da Muller Traballadora, un novo 8 de marzo.


Xa sei que hai mulleres que coa súa loita, ou debido  á profesión que desempeñan, dignifican a todas as traballadoras. Pero eu quero adicarlle estas verbas a todas as mulleres anónimas que a cotío se erguen cedo, aínda que a noite non fora de descanso para elas, ben sexa por dores físicas ou por problemas cotiás. (Enténdase como tales: preocupacións familiares, de saúde, de traballo ou económicos).


Estas mulleres, caladiñamente co seu labor fan posible que a vida nas casas discorra o máis normal posible encargándose das tarefas da casa, dos fillos, dos homes, dos animais e da horta. E as que casualmente teñen un traballo remunerado, casan ambas ocupacións de maneira case imposible.


O ideal sería que non houbera un día no ano do pai, da nai, da paz, da muller...Pero xa que está así establecido, quero homenaxealas porque, sendo sostén das súas familias, permanecen na “escuridade” dun plano máis que discreto e, sen elas, non sería posible que esta vida que nos toca vivir fora adiante todo o ano.

Carmen Sambad Lema 2017