6/3/19

O 23  de novembro de 2018 conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25N).

Neste acto, o "Clube de Lectura os Papalibros" presentáronnos a historia "Artur e Clementina".

 

25/2/19

MULLERES DE MEDO

Este ano a temática do noso centro é "Muller tiña que ser". Cada aula elixiu unha muller galega sobre a que traballará ao longo do curso. As elixidas foron: Susana Seivane, As Marías, Rosalía de Castro, Ángeles Alvariño, Luz Casal, Viki Rivadulla e Maruja Mallo.

Neste Samaín tamén quixemos telas presentes polo que cada grupo de alumnos/as convertiu a súa muller nunha "muller de medo" e aquí tedes o resultado.
 

17/2/19

A LOBA E OS DOCE CABRITIÑOS E CABRITIÑAS

 

O profesorado do CEIP OS MUÍÑOS representou o conto "A loba e os doce cabritiños e cabritiñas" na biblioteca do centro.


 

PHOTOCALL E CONCURSO DE CABAZAS

No Samaín tamén tivemos photocall
                                        e concurso de cabazas!!


16/2/19

ACTUACIÓN DO MAGO BENXAMÍN


A continuación vivimos a maxia do Mago Benxamín.


MERENDAS TERRORÍFICAS



O 31 de Outubro, no CEIP os Muíños , tivemos unha morea de actividades de Samaín e de Magosto.
Durante a primeira sesión elaboramos merendas terroríficas nas nosas aulas,   e logo as compartimos na hora do recreo.




 
 
 
 
 
 
 
 
 

POSTAIS DE SAMAÍN

 
 
Polo Samaín enviámonos postais con dous centros educativos de A Estrada: CEIP Pérez Viondi e CEIP de Figueiroa

6/6/18

INDIE POP GALEGO NOS MUIÑOS


        Este curso estamos a traballar, entre outros, o proxecto "A Música". A actividade "Músicas a Tutiplén", enmarcada nas actividades da Biblioteca, rematou hoxe coa exposición do estilo indie pop por parte do alumnado de 4º de Primaria.

   Despois de facer unha viaxe no tempo explicándonos as orixes da música pop e indie, lembráronnos que en Galicia está arrasando con grupos como Eladio y los seres queridos, que veñen de gañar o premio Martín Códax nesa modalidade; Iván Ferreiro, que canta a canción da exitosa serie de televisión "Fariña" ou Xoel López, que canta o poema "No niño novo do vento", de Álvaro Cunqueiro. Ademais agasalláronnos co poema ilustrado por eles mesmos.







3/6/18

VISITA Ó DOLMEN DE DOMBATE

  O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria realizou unha visita ó Dolmen de Dombate. A actividade consistiu na visita guiada ó dolmen,  ademais visualizaron un documental sobre as formas de vida na Prehistoria e levaron a cabo o obradoiro "As ondas sonoras" no que aprenderon a elaborar unha bramadeira, instrumento musical do Neolítico. A vindeira semana visitarano os pequenos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria.