21/5/19

CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA



Trinta e un alumnos/as do centro participan nun concurso de lectura de poesía convocado polo equipo de biblioteca do noso cole.


Os gañadores foron:

1º e 2º de Educación Primaria: Daniel    
                              
   3º e 4º de Educación Primaria: Luc






5º e 6º de Educación Primaria: Valentina

Mural elaborado polo alumnado de 6 º Educación Primaria

O alumnado de 6º de Educación Primaria quixo facer unha contribución propia ao Dia Internacional da Muller elaborando de maneira voluntaria este mural.


CONMEMORACIÓN 8 DE MARZO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

O 8 de marzo conmemoramos o "Día Internacional da Muller" grazas a colaboración de:

- O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil que nos mostrou un vídeo no que quixeron dar agradecemento a algunha muller importante nas súas vidas.

- Saray Riveiro, ex-alumna do centro que nos quixo deleitar coa canción "Stay with me".

- O alumnado da área de Valores Sociais e Cívicos de 6º de Educación Primaria que presentou o cartel elaborado para a participación no concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo “Día Internacional da Muller” convocado  pola Secretaría Xeral de Igualdade, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

- O alumnado de 6º de  Educación Primaria, que versionou unha canción en linguaxe de signos e traducida á lingua galega pola mestra de música do centro.




VÍDEO 8 M (alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil)



O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil quixo poñer o seu graniño de area na Conmemoración do 8 de marzo "Día Internacional da muller", cun vídeo elaborado pola súa titora.


CONCURSO CARTEL 8 DE MARZO



Durante o mes de febreiro, o alumnado de 6º de Educación Primaria da área de Valores Sociais e Cívicos, elaboraron un cartel no que quixeron reflectir o camiño cara a igualdade de homes e mulleres.


Coa imaxe elaborada, participaron no concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo “Día Internacional da Muller” convocado  pola Secretaría Xeral de Igualdade, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.


Para a súa elaboración, levaron a cabo unha tormenta de ideas sobre o que normalmente asociamos á muller e ao home respecto ás tarefas do fogar, ás cores, á vestimenta, etc.

Posteriormente quixeron contrastar a mirada dos nenos e das nenas con respecto ao mundo de moitos adultos, polo que como podedes observar no cartel, a muller leva coma sempre na súa mochila certas cargas asociadas, como son o tendal da roupa, o carro da compra ou a lavadora.

Pola súa banda, o home, leva un maletín coa cana de pescar, o xornal, a televisión, a pelota de fútbol, a calculadora, os cartos e unha bombilla xa que é el normalmente o encargado dos arranxos eléctricos, o que parece que ten o poder económico, e tamén o que se pode divertir ou descansar.

Sen embargo, no mundo dos nenos e nenas, a visión é moi diferente. Ambos os dous rapaces, sen distinción de sexo, levan en cadansúa mochila unha boneca, un coche e unha pelota.

Tamén quixeron reflectir o mundo das cores a partires dun arco da vella no que os nenos e as nenas, non asocian ningunha cor ao seu xénero. Non lles preocupa levar un xersei rosa, azul, vermello ou amarelo.

Pola contra, no mundo dos adultos,  o tradicional é que se asocie cores coma o rosa ou o morado ao xénero feminino e cores coma o azul ao xénero masculino.

Os resultados do concurso  non foron os desexados por cada un dos integrantes do grupo de traballo, pero aproximamos a toda a comundidade educativa do CEIP os Muíños  ao lema  “CAMIÑEMOS CARA A IGUALDADE!!".



20/5/19

MULLERES SEN MÁSCARA


O 1 DE MARZO CELEBRAMOS O NOSO TRADICIONAL DESFILE DE ENTROIDO QUE ESTE ANO DENOMINAMOS "MULLERES SEN MÁSCARA", TENDO EN CONTA QUE FOI ADICADO ÁS SETE MULLERES SOBRE AS QUE ESTAMOS A TRABALLAR ESTE ANO NO NOSO CENTRO: ROSALÍA DE CASTRO, MURUJA MALLO, AS MARÍAS, LUZ CASAL, VIKI RIVADULLA, ÁNGELES ALVARIÑO E SUSANA SEIVANE.



29/4/19

A MANDADIÑA DO CEIP OS MUÍÑOS




Ao longo da semana do 25 ao 1 de marzo, " A Mandadiña" do CEIP Os Muíños deunos certas ordes para vir disfrazados. Aquí vos deixamos un vídeo de como foi a semana.

10/4/19

Videoconferencia co CEIP Pérez Viondi



O xoves 28 de febreiro, o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria participou nunha videoconferencia co CEIP Pérez Viondi de A Estrada, na que nos deron a coñecer a súa tradición dos Xenerais da zona do Ulla ( Teo, Boqueixón, Vedra, Touro, Silleda, A Estrada e Vila de Cruces).

Grazas a esta xuntanza temos coñecemento das súas vestimentas, dos seus atranques, das distintas personaxes, dos seus vivas, etc.

Agradecemos ao alumnado do CEIP Pérez Viondi por este achegamento e por suposto tamén ao seu profesorado.

Aquí vos deixamos una pequena mostra desta videoconferencia.







1/4/19

DÍA DE ROSALÍA

O venres 22 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía.

ENTREVISTA A VIKI RIVADULLA

O 5 de febreiro veu ao noso centro Viki Rivadulla .

O alumnado de 4º de Educación Primaria estaba moi interesado en facerlle unha entrevista, pois este ano están aprendendo moito sobre ela e con ela.

Aquí vos deixamos un enlace no que poderedes ver a entrevista.

https://amullernahistoria.blogspot.com/2019/03/entrevistamos-viki-rivadulla.html