Nesta árbore quedan recollidos os oficios nos que estamos a traballar neste curso académico 2019-2020
7/2/20
UN NADAL DE OFICIOS
O venres 20 de decembro demos remate ao 1º trimestre co festival "UN NADAL DE OFICIOS" no que paricipou o alumnado, o profesorado e o persoal non docente do centro, e ao que estiveron convidadas as familias .
Relacionamos a actividade co proxecto anual "Os nosos oficios", polo que cada curso presentou o seu oficio e fixo unha actividade relacionada co mesmo.
Os granxeiros de 4º de Educación Infantil representaron a canción "A horta de Balbina"
Os zapateiros de 5º e 6º de Educación Infantil, cantaron a canción "ZAPATEIRO"
As redeiras e palilleiras de 1º e 2º de Eucación Primaria deleitáronnos cunha propia de creación propia
"Palilleiras e Redeiras salvan o Nadal".
Os oleiros de 3º amenizan este festival coa panxoliña
"Xa me tardan os oleiros"
Os cesteiros de 4º de Educación Primaria interpretaron a panxoliña "Cesteiriños de Nadal".
Os mariñeiros de 5º de Educación representaron a obra de teatro de creación propia "Andamos ao Mar"
Os Carpinteiros de 6º de Educación deleitáronnos coa obra de teatro de creación propia "Un moble de Nadal".
Xa case para rematar este festival, todo o alumnado representou a canción "Os nosos Oficios", a cal inclúe os sete oficios aos que este curso lle estamos dando grande relevancia.
Para finalizar o festival "Un Nadal de Oficios" o profesorado e persoal non docente do centro cantaron e bailaron ao ritmo de "Cantiga do Apalpador".
3/2/20
RECIBIMOS POSTAIS DE NADAL
Este ano recibimos Postais de Nadal de varios centros educactivos, coas que fixemos unha exposición:
Os nosos agradecementos por compartirlas con nós e poder levar a cabo esta actividade as centros:
- GALIÑA AZUL (MUXÍA)
- GALIÑA AZUL (FISTERRA)
- CEIP VIRXE DA BARCA (MUXÍA)
- IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA)
- CEIP ABANQUEIRO, EGIPTO (MUXÍA)
- CEIP DE FIGUEIROA (A ESTRADA)
- CEIP PÉREZ VIONDI (A ESTRADA)
- CPI SAN SADURNIÑO (FERROL)
.
- GALIÑA AZUL (MUXÍA)
- GALIÑA AZUL (FISTERRA)
- CEIP VIRXE DA BARCA (MUXÍA)
- IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA)
- CEIP ABANQUEIRO, EGIPTO (MUXÍA)
- CEIP DE FIGUEIROA (A ESTRADA)
- CEIP PÉREZ VIONDI (A ESTRADA)
- CPI SAN SADURNIÑO (FERROL)
.
31/1/20
UN NADAL DE REFRÁNS
15/1/20
ENVIAMOS POSTAIS DE NADAL
Polo Nadal, elaboramos postais para compartir con outros centros educativos:
- GALIÑA AZUL (MUXÍA)
- GALIÑA AZUL (FISTERRA)
- CEIP VIRXE DA BARCA (MUXÍA)
- IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA)
- CEIP ABANQUEIRO, EGIPTO (MUXÍA)
- CEIP DE FIGUEIROA (A ESTRADA)
- CEIP PÉREZ VIONDI (A ESTRADA)
- CPI SAN SADURNIÑO (FERROL)
Deixámosvos un vídeo no que poderedes ver o proceso de elaboración.
- GALIÑA AZUL (MUXÍA)
- GALIÑA AZUL (FISTERRA)
- CEIP VIRXE DA BARCA (MUXÍA)
- IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA)
- CEIP ABANQUEIRO, EGIPTO (MUXÍA)
- CEIP DE FIGUEIROA (A ESTRADA)
- CEIP PÉREZ VIONDI (A ESTRADA)
- CPI SAN SADURNIÑO (FERROL)
Deixámosvos un vídeo no que poderedes ver o proceso de elaboración.
OS APEIROS DE LABRANZA
O alumnado de 4º E.I., coa colaboración das súas familias, fixeron unha exposición de APEIROS DE LABRANZA.
Os nosos agradecementos para todas as familias.
OS OFICIOS
2/1/20
O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no CEIP "Os Muíños" sumámonos á iniciativa pola inclusión social "Baixo o mesmo paraugas".
O paraugas simboliza a unión.
Todos temos cabida baixo o mesmo paraugas, sen diferenzas.
Este é o obxectivo: visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.
Neste acto reivindicativo, organizado e coordinado polo Departamento de Orientación do noso centro, alumnado de distintos cursos leron un manifiesto co motivo desta conmemoración.
CONMEMORACIÓN DO 25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O luns 25 de novembro pola tarde leváronse a cabo varias actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, polo Equipo de Biblioteca, e polo Equipo de Extraescolares para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de xénero.
Alumnado, mestres e personal non docente vestimos unha camiseta branca decorada coa silueta de Pepa, que representa a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero.
Na hora de levar levamos a cabo o Acto de Conmemoración na Biblioteca do centro e foi presentado por alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria: Raquel, Adela, Shamira, Andrea, Yeison, Judith e Gabriela.
Carla e Luc, membros do club de lectura "Papalibros" contaron o conto de Rocío Bonilla "Max e os superheroes":
Cantamos a canción "Saír Correndo" de Amaral, versionada ó galego polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Alumnado, mestres e personal non docente vestimos unha camiseta branca decorada coa silueta de Pepa, que representa a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero.
Na hora de levar levamos a cabo o Acto de Conmemoración na Biblioteca do centro e foi presentado por alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria: Raquel, Adela, Shamira, Andrea, Yeison, Judith e Gabriela.
Estos sete alumnos contáronnos por que se conmemora esta data e vimos un vídeo das irmáns Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960.
Cantamos a canción "Saír Correndo" de Amaral, versionada ó galego polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Rematamos o acto no ximnasio facendo un enorme lazo, símbolo da loita contra a violencia de xénero. Cantamos tres veces o retrouso da canción.
25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Desde o noso colexio quixemos visibilizar a problemática da violencia de xénero que está presente na nosa sociedade. Para iso, démoslle protagonismo a "Pepa", unha moza que representa a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero e á que o noso alumnado lle escribiu mensaxes de axuda, apoio, etc nun mural colaborativo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










