23/3/20
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
No noso colexio conmemoramos o Día Internacional da Muller, cun obradoiro de actividades pola igualdade.
CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA
Cada 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da lingua galega.
O noso colexio celebrou na biblioteca o seu aniversario o 28 de febreiro, sumándose á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega baixo o lema Errantes polo mundo a través de diversas actividades propostas polos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.
O noso colexio celebrou na biblioteca o seu aniversario o 28 de febreiro, sumándose á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega baixo o lema Errantes polo mundo a través de diversas actividades propostas polos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.
No recreo da mañá houbo un recital de poemas da poeta: VERSOS DE ROSALÍA.
Na Hora de Ler xuntámonos para ver o vídeo "Tempos de Rosalía" e recitar o poema musicado "Adios ríos, adios fontes".
Presentou o acto o alumnado do Voluntariado da biblioteca.
"Tempos de Rosalía"
Poema musicado "Adios ríos, adios fontes"
TEMPOS DE ROSALÍA
Na semana dedicada a Rosalía, todo o alumnado do Voluntariado de biblioteca participou facendo unha sinopse da vida da poeta. O 20 de febreiro gravouse o vídeo e decoráronse as camisetas que utilizaron na actividade que se titula:
Tempos de Rosalía.
Os equipo de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca agradecen ao Voluntariado a súa implicación nas actividades propostas para a celebración do Día de Rosalía.
Desfrutade o vídeo!
Desfrutade o vídeo!
ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES
Na semana do 17 ao 21 de febreiro os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega propuxeron unha actividade colaborativa titulada "Adios ríos, adios fontes".
A actividade consistiu en:
1.- Decorar a imaxe de Rosalía con gran variedade de materiais plásticos expostos no mural que está diante da porta da biblioteca.
A actividade era voluntaria e houbo moita participación por parte do alumnado.
Aquí tedes o vídeo resume da actividade:
2.- Ilustrar o poema "Adios ríos, adios fontes". Todo o alumnado desde Infantil a 6º E.P. participou na actividade. Repartíronse as estrofas por cursos e ilustráronse nas aulas para posteriormente pegalas no mural.
5º6º Infantil
Adios ríos, adios fontes;
adios regatos pequenos
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos.
4º Infantil
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei.
1º2º E.P.
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento
paxariños piadores
casiña do meu contento.
Muíño dos castañares
noites craras do luar,
campaniñas timbradoras
da igrexiña do lugar.
3º E.P.
Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
adios, para sempre adios!
Adios gloria! Adios contento!
deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
4º E.P.
Deixo amigos por extraños,
deixo a beiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
que pudera non deixar!
Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto.
Terriña que nos criou.
5º E.P.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ai! coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe
cada balada é un dolor;
voume soio, sen arrimo...
Miña terra. Adios! Adios!
6º E.P.
Adios tamén queridiña!
Adios por sempre, quizais!
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
se morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
Miña casiña! Meu lar!
Adios ríos, adios fontes,
adios, regatos pequenos.
Adios vista dos meus ollos´
non sei cando nos veremos.
Cada curso pegou cadanseu poema ilustrado.
Remata a actividade recitando cada curso a estrofa que ilustrou.
ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES (poema ilustrado e recitado)
MÁSCARA: REFRÁNS DE OFICIOS
Na semana do 14 ao 20 de febreiro continuamos a nosa campaña de expurgo "Leva libros por un refrán"
Nesta ocasión fixemos unha recompilación de "Refráns de Entroido" a cambio de 3 libros da nosa biblioteca.
Os nosos agradecementos ás familias, mestres, persoal non docente e alumnado participante.
Aquí vos deixamos uns vídeos que mostran esta recompilación de "Refráns de Entroido" e a "campaña de expurgo".
FESTIVAL : CARNAVAL DE OFICIOS
O venres 21 de febreiro celebramos no noso colexio o Festival de Entroido "Carnaval de oficios" que este ano tivo como temática "Os oficios tradicionais galegos".
Participamos todos: alumnado, mestres e persoal non docente. Houbo unha grande afluencia de familias e amigos que quixeron compartir connosco este festival.
A Chiquitropa, con moito ritmo, saíu polos corredores do colexio e detrás empezaron a desfilar todos os oficios protagonistas deste curso escolar cara o ximnasio, lugar onde nos xuntamos todos para desfrutar o Entroido.
Da comezo ao festival a Chiquitropa( 1º e 2ºE.P.) interpretando unha versión da canción de Teresa Rabal que titulan:
"OS NOSOS OFICIOS NESTE CARNAVAL"
A continuación desfilan os granxeiros de 4º Infantil. Interpretan unha canción que titulan:
"O entroido vai comezar"
Os zapateiros de 5º6º Infantil xa están en escea.
Cántannos unha canción que titulan:"É a hora dos zapateiros"
Os redeiros e palilleiras de 1º e 2º están preparados para a súa disputa dialéctica. Cantaron unha regueifa que titulan:
É a quenda dos oleiros de 3º.
Cantan e bailan unha canción que titulan : "Baila cos oleiros"
E aquí están en escena os cesteiros de 4º. Cantan e bailan unha canción que titulan
"Vive o entroido"
Chegou a quenda dos mariñeiros de 5º. Deléitáronnos cunha comparsa que titulan:
"Os de quinto andamos ao mar"
Dan remate a este festival de oficios, os carpinteiros de 6º. Cantaron unha canción que titulan:
"Entroidoficios"
O noso agradecemento a todo o alumnado, persoal non docente, mestres e familias. Sen a vosa implicación e colaboración, nada disto sería posible.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














