Traemos hoxe outro xogo co que podemos presumir de rapidez e habilidade coas mans. É o xogo dos pelouros. En castelán coñécese tamén como "las tabas", aínda que se xoga con pequenos ósos, e non con pedriñas.
En calquera recuncho podedes atopar os elementos cos que xogar. Só hai que poñer vontade, ensaiar, e buscar contrincantes, co que o xogo resultará máis divertido.
De todos é sabido que a comida máis importante do día é... o almorzo! En galego o almorzo é a primeira comida do día, o que en portugués chaman "pequeno almoço", en francés "petit déjeuner", en castelán "desayuno" e en inglés "breakfast". Lembrade que en castelán "el almuerzo" é o noso "xantar" (a comida do mediodía), e en portugués, o xantar é a nosa cea, é dicir, a comida da noite... menudo lío, non?
O caso é que o almorzo é a comida máis importante do día e ben merece un capítulo aparte.
Aquí vos deixamos un bo resumo do que é aconsellable no almorzo (non todo xunto, por suposto), por se tedes dúbidas acerca de que podedes preparar cada mañá.
Pois xa nos fixeron a banda sonora para este curso! Vese que "Uxía Lambona e a Banda Molona" tomaron nota do noso proxecto e puxéronse a pensar nunha cantiga ben bonita (molona) para traballar e aprender ben ambientados. Va que vos gusta e vos mola?
E por se fose pouco, podedes xogar coa letra da canción con esta actividade interactiva que atopamos pola rede: Grazas a Blpires por compartir.
Desde a Rede do Patrimonio Cultural ofrécennos algunhas suxestións para xogar con elementos sinxelos que podemos atopar na natureza. Este xogo coñecémolo tamén por "Tres en raia". É doado xogar en parellas, e aproveitamos para mellorar a nosa capacidade de concentración e a lóxica. Xogamos?
Comezamos este ano coa conversa máis recurrente : falar do tempo. É que o ano novo non tivo desperdicio!: frío, neve, xeadas,... Pero, estamos seguros de usar as palabras correctas? Desde a TVG temos unha asesora lingüística de excepción.
Por exemplo: estes días todos vemos de camiño á escola a "xeada" ou a "xiada"?
Ademais, aquí non falamos do tempo que "fai", senón do tempo que "vai":
E xa que estamos falando do tempo, como facemos para "ler" a predición do tempo?
Pois si... Acabamos de comezar e xa temos aquí o Samaín, e de paso... Magosto! Non é doado facer festa coa máscara, coa distancia... Pero a nós gústanos disfrutar das tradicións, e non imos abandonalas tampouco este ano. Así que... cabazas e castañas!
Para non deixar de pasalo ben, traemos un cantar de cego que vai servir para aprender como temos que organizarnos este curso. Ah! Que non sabedes o que é un "cantar de cego"? Nesta entrada do blog do Museo Etnolóxico de Ribadavia explícano clariño.
Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas, rendemos homenaxe ao
escritor, filólogo e profesor Ricardo Carvalho Calero, grazas á colaboración e participación do alumnado e familias.
Carla e a súa familia desfrutaron do conto "As pitas baixo a choiva", un dos máis famosos do escritor e enviaron esta imaxe.
O alumnado de 1º e 2º E.P. fálanos da vida e obra do escritor, a tráves do xogo "Pásame a pelota e falas de Ricardo Carvalho Calero porque che toca".
O alumnado de 6º E.P. e Aurelia, a mestra de Lingua Galega, para conmemorar esta data fixeron unha lectura compartida a través da aplicación Cisco Webex. Escolleron "A xente na barreira", a primeira novela en galego publicada na posguerra.
Len o capítulo "O maragato"
O noso agradecemento, unha vez máis, ao profesorado,
alumnado e familias por facer posible todo isto, dándonos
a oportunidade de conmemorar, a pesar da distancia, un
O vindeiro domingo 17 de maio é o Día das Letras Galegas. A crise do Coronavirus obligou a aplazar esta celebración para o día 31 de outubro.
A pesar dos cambios no calendario de actividades presenciais, a Real Academia Galega ( RAG) quere que o 17 de maio sexa igualmente unha celebración colectiva a través de recursos dixitais, por iso, desde o noso centro, os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega temos unhas propostas para Infantil e 1º- 2º E.P. así como recursos dixitais para o alumnado de 3º a 6º E.P. coa intención de divulgar a figura e obra do filólogo, escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado nas Letras Galegas 2020.
PROPOSTA PARA ED. INFANTIL
"As pitas baixo a choiva" é un dos contos máis famosos do escritor.
A actividade consiste en desfrutar do conto en familia e colorear a imaxe ( no caso de dispoñer de impresora) ou facer un debuxo relacionado coa lectura.
Para imprimir, preme na imaxe:
PROPOSTA PARA 1º-2º E.P.
A actividade titúlase "Pásoche a pelota e falas de Ricardo Carvalho Calero porque che toca".
1.- A familia do alumnado que queira participar na actividade terá que enviar unha mensaxe ao correo electrónico muinhos.curuxa.gal@gmail.com
2.- Recibiredes a través do correo un pequeno texto sobre a vida do escritor.
3.- Teredes que practicar esa pequena lectura.
4.- As familias gravarán un vídeo ao alumnado dicindo ese pequeno texto e o enviarán ao correo electrónico.
5.- Coas gravacións recibidas elaborarase un vídeo que levará o título da actividade.
RECURSOS DIXITAIS PARA O ALUMNADO DE 3º-6º E.P.
O alumnado de 3º a 6º E.P. , para que pasedes un bo rato desfrutando en aprendendo cousiñas da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, deixamos aquí estes recursos:
Grazas á colaboración e participación do alumnado e familias, aquí estamos a 1 de maio, Día Internacional do Traballador, festexándoo cun refraneiro galego que fai alusión aos oficios.
A sabedoría popular nunca falla, tomemos nota dos seus consellos..
Outros refráns...
Verbas de oficios...
O noso agradecemento ata o infinito e máis, ao alumnado e familias participantes na proposta, porque todo isto é posible, grazas a vós.