21/11/25
7/11/25
DÍA DE NEIRA VILAS
O pasado luns, día 3 de novembro, celebrouse o día de Neira Vilas. Na data do seu nacemento conmemoramos a un dos escritores máis destacados da nosa literatura, realizando unha exposición da súa obra dende a biblioteca escolar, que lles permitiu ao alumnado achegarse á lectura dalgúns dos seus títulos máis destacados.
16/10/25
DÍA DAS ESCRITORAS 2025
Benvidas ao novo curso!
Retomamos a actividade do blog celebrando o Día das Escritoras. Pero...sabedes por que se celebra este día?
A Bibilioteca Nacional de España celebra cada ano esta data, dende o 2016, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado literario das mulleres, en cumprimento do 5º ODS da Axenda 2030, Igualdade de xénero.
Dende o Niño da Curuxa unímonos á celebración desta data, visibilizando a vida e obra de varias autoras que foron e son parte da literatura galega. Para coñecelas podedes visitar a exposición dalgunhas das súas obras que atoparedes na biblioteca e ver o vídeo que a continuación vos deixamos.
Agardamos que gocedes das súas lecturas!
Aquí unha mostra do traballo realizado polo alumnado de Educación Infantil sobre a poetisa Dora Vázquez.
22/5/25
Letras Galegas 2025
O día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, un día moi importante para todos. Este ano adicóuselle o día as Cantareiras, todas esas mulleres que levaban na gorxa un altavoz no que contaban todo o que lles ocorría no seu día a día e que deixaron un gran patrimonio oral que foi pasando de xeración en xeración.
O alumnado de Infantil adicaronse a decorar e presentar toda a conmemoración, ademais, como sorpresa cantaron e bailaron unha muiñeira para todos, fixerono xenial!
Os nenos e nenas de 1º EP e 2ºEP falaron de Eva Castiñeira, ata trouxeron un disco de vinilo para ensinar.
O alumnado de 3ºEP fixeron un traballo sobre Adolfina e Rosa de Cerceda, e ata cantaron e bailaron muiñeira. Son todos e todas uns e unhas artistas!
Os alumnos e alumnas de 4ºEP estiveron a investigar sobre os Cancioneiros e a verdade é que sacaron moita información.
Os e as de 5ºEP falaron das Pandereteiras de Mens, fixeron un gran traballo!
E os mais maiores do cole sobre a Poesía popular e as actuais cantareiras, elixindo a Mercedes Peón, Tanxugeurias e Fillas de Cassandra, entre outras moitas...
Aquí vos queda un pequeno vídeo..
18/3/25
QUE MULLER!
O día 8 de marzo celebrouse o Día da muller e, neste caso, os alumnos e alumnas de 5ºEP quixeron ensinarnos as mulleres da súa vida.
Destacan esas nais amigables, as avoas de sorriso eterno, as amigas inseparables ou as irmás loitadoras, entre outras.
7/3/25
O día de Rosalía de Castro
7/1/25
NADAL NO COLE!
O día 20 de decembro celebramos o Nadal no cole, pola mañá dende o EDLG quixemos levar a cabo algunhas actividades divertidas para todo o alumnado.
Primeiro, fixemos diferentes talleres de adornos de nadal: en infantil fixeron uns renos moi bonitos, en primeiro e segundo de primaria unhas árbores con la do máis orixinais, en 3ºEP e 4ºEP unhas árbores con moito "brilli-brilli" e os máis maiores fixeron uns adornos para o lapis.
Despois veu Papá Noel a recoller as nosas peticións e a darnos moitísimos caramelos. E por último, tivemos as Badaladas do 2024 con gusanitos e moita música, xa que fixemos unha pequena discoteca, pásamolo xenial por iso non temos moitas fotos.
Pero os días anteriores tamén estivemos a traballar, fixemos unha árbore de Nadal con botellas de auga recicladas, que pintamos de verde. Despois, todas as persoas do cole: os alumnos, profes, o conserxe Pablo, Marisa a limpiadora e Asun e Sandra do comedor pegamos o noso desexo deste ano.
Dende o equipo de dinamización da lingua galega esperamos que o pasárades moi ben e que veñades con forza e ganas para seguir traballando.
12/12/24
Ailá de Nadal 2024-2025
Este ano a SXPL presentanos este disco de cancións de Nadal con Ailá que pretende divulgar e coñecer o patrimonio galego de tradición oral e cultural destas datas.
Esperamos que vos gusten moito que empreguedes as cancións para celebrar e ambientar estas datas.
Felices festas!
5/12/24
Día Internacional da Discapacidade 2024.
23/10/24
DÍA DAS ESCRITORAS
Volta a escola e volta ao equipo de dinamización da lingua galega.
O día 14 de outubro foi o Día das escritoras e os nenos e nenas do CEIP Os Muiños quixeron celebralo, algúns con debuxos dalgunhas escritoras coñecidas, como Educación Infantil que nos debuxou a María Canosa, outros falando un pouco das dificultades que tiñan as mulleres que querían escribir e outros entrevistaron a coñecidos para falar sobre as escritoras que máis lle gustan...
Neste vídeo podedes ver algúns dos seus traballos.






























