30/4/18
"COAS MANS BALEIRAS"
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación primaria participou na creación audiovisual da curtametraxe "Coas mans baleiras" que foi realizada, íntegramente, no CEIP Os Muiños.. Un interesante proxecto de innovación educativa nas aulas ó que axiña daremos difusión. Moitas grazas a todos e todas.Aquí tedes unha pequena mostra, a ver que vos parece:
21/4/18
Día das Letras Galegas...buscamos actrices e actores para obra de teatro!
Co motivo da celebración do día das Letras Galegas, buscamos actrices e actores para representar unha obra de teatro baseada na obra de María Victoria Moreno "A festa do faiado". Parece que a cousa se vai animando porque xa temos un feixe de candidatos!
7/4/18
11/3/18
DOUS PREMIOS DO CONCURSO DE RECITADO POÉTICO "ROSALÍA SEMPRE VIVA" VEÑEN PARA OS MUIÑOS
Onte celebrouse na casa-museo de Manuel María, en Outeiro de Rei, a final da IV edición do Concurso "Rosalía sempre viva" no que participaron centros educativos de diferentes localidades de Galicia.
Énchenos de honra comunicar que o CEIP Os Muiños de Muxía foi o grande protagonista dunha entrega de premios que tiña espectante a un auditorio ateigado con máis de 300 persoas.
Na primeira categoría (1º a 3º de Educación primaria) o primeiro premio foi para as nosas alumnas e alumno, Noemí Alamancos, Guillermo Albo e Lara Caamaño (2º e 1º cursos de Primaria, respectivamente) polo recitado do poema "O cuco" de Manuel María.
Na segunda categoría (4º a 6º de Educación primaria), o xurado concedeu unha Mención Honorífica a nosa alumna Carla Martínez Papín de 6º de Primaria polo recitado do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro. Nesta categoría resultou premiado Izan Pérez Asensio do CEIP Barrantes de Tomiño.
Segundo declarou a propia organización, o concurso foi competitivo e emocionante. O altísimo nivel puxo moi complicado o veredicto do xurado. Ahí, no mais alto nivel, estiveron os nosos alumnos e alumnas. Parabéns para todas e todos!
Lara, Noemí, Guillermo, Johana e Carla: fixestes que o nome do CEIP "Os
Muiños" soara forte e en maiúsculas no auditorio da casa-museo de Manuel
María. Grazas.
Premede para acceder a publicacións relacionadas co evento:
La voz de galicia
Casa-Museo de Manuel María
21noticias
21noticias entrega premios

Énchenos de honra comunicar que o CEIP Os Muiños de Muxía foi o grande protagonista dunha entrega de premios que tiña espectante a un auditorio ateigado con máis de 300 persoas.
Na primeira categoría (1º a 3º de Educación primaria) o primeiro premio foi para as nosas alumnas e alumno, Noemí Alamancos, Guillermo Albo e Lara Caamaño (2º e 1º cursos de Primaria, respectivamente) polo recitado do poema "O cuco" de Manuel María.
Na segunda categoría (4º a 6º de Educación primaria), o xurado concedeu unha Mención Honorífica a nosa alumna Carla Martínez Papín de 6º de Primaria polo recitado do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro. Nesta categoría resultou premiado Izan Pérez Asensio do CEIP Barrantes de Tomiño.
Segundo declarou a propia organización, o concurso foi competitivo e emocionante. O altísimo nivel puxo moi complicado o veredicto do xurado. Ahí, no mais alto nivel, estiveron os nosos alumnos e alumnas. Parabéns para todas e todos!
Premede para acceder a publicacións relacionadas co evento:
La voz de galicia
Casa-Museo de Manuel María
21noticias
21noticias entrega premios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















