23/3/20

MÁSCARA: REFRÁNS DE OFICIOS


Na semana do 14 ao 20 de febreiro continuamos a nosa campaña de expurgo "Leva libros por un refrán"

Nesta ocasión fixemos unha recompilación de "Refráns de Entroido" a cambio de 3 libros da nosa biblioteca.

Os nosos agradecementos ás familias, mestres, persoal non docente e alumnado participante.














Aquí vos deixamos uns vídeos que mostran esta recompilación de "Refráns de Entroido" e a "campaña de expurgo".











FESTIVAL : CARNAVAL DE OFICIOS



O venres 21 de febreiro celebramos no noso colexio o Festival de Entroido "Carnaval de oficios" que este ano tivo como temática "Os oficios tradicionais galegos".


Participamos todos: alumnado, mestres e persoal non docente. Houbo unha grande afluencia de familias e amigos que quixeron compartir connosco este festival. 
A Chiquitropa, con moito ritmo,  saíu polos corredores do colexio e detrás empezaron a desfilar todos os oficios protagonistas deste curso escolar cara o ximnasio, lugar onde nos xuntamos todos para desfrutar o Entroido. 



Da comezo ao festival a Chiquitropa( 1º e 2ºE.P.) interpretando unha versión da canción de Teresa Rabal que titulan: 

"OS NOSOS OFICIOS NESTE CARNAVAL"




A continuación desfilan os granxeiros de 4º Infantil. Interpretan unha canción que titulan:
"O entroido vai comezar"



Os zapateiros de 5º6º Infantil xa están en escea. 

Cántannos unha canción que titulan:"É a hora dos zapateiros"



Os redeiros e palilleiras de 1º e 2º están preparados para a súa disputa dialéctica.  Cantaron unha regueifa que titulan:
"Enredo de bolillos"





É a quenda dos oleiros de 3º. 


Cantan e bailan unha canción que titulan : "Baila cos oleiros"


E aquí están en escena os cesteiros de 4º. Cantan e bailan unha canción que titulan
 "Vive o entroido"



 Chegou a quenda dos mariñeiros de 5º. Deléitáronnos cunha comparsa que titulan:
"Os de quinto andamos ao mar"












Dan remate a este festival de oficios, os carpinteiros de 6º. Cantaron unha canción que titulan:

"Entroidoficios"














O noso agradecemento a todo o alumnado, persoal non docente, mestres e familias. Sen a vosa implicación e colaboración, nada disto sería posible.


20/2/20

Comezamos os ensaios "Club de teatro do Tres ao Catro"

O alumnado de terceiro pertencente ao club de teatro "Do Tres ao Catro", comezou hoxe día 20 de febreiro a practicar a obra de teatro "O país sen nome".

20 de Febreiro : Disfrace libre







19 de febreiro: Mandil, botas de auga e sombreiro

Onte, mércores 19 de febreiro seguimos a consigna do Meco "O mércores o cole enteiro traerá mandil, botas de auga e sombreiro".





Canto conto ten o profe : Tres desexos

Onte, día 19 de febreiro, a titora de 3º EP participou na hora no recreo no recuncho "Canto conto ten o profe" lendo o conto  a alumnado voluntario.


OBRADOIRO AECC


O alumnado de educación infantil, 1º, 2º , 3º e 4º participou onte, día 19 de febreiro, nun obradoiro sobre as emocións e o de 5º e 6º de EP  en “Actúa contra o cancro, actúa pola saúde” grazas a AECC (Asociación Española contra o cancro).






Adios Ríos, Adios Fontes

Aquí vos deixamos un vídeo elaborado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca do centro para ensaiar o poema musicado de Rosalía de Castro a través de pictogramas, o cal recitaremos todos o próximo venres 28 de febreiro.