31/1/23
Costa coruñesa, refuxio de aves mariñas
30/1/23
AS AVES MARIÑAS E MÁIS NÓS
Sempre que pensamos nos animais mariños, imaxinamos peixes e mamíferos que viven baixo as augas. Pero tamén hai aves mariñas, que viven e se alimentan dos recursos que o mar ofrece, e que se adaptaron ás duras condicións deste medio frío e cambiante. O corvo mariño cristado, as gaivotas e os araos van ser os escollidos este curso para adentrarnos no fascinante mundo das aves.
Deixámosvos este video como mostra da relación que as persoas temos con estes seres vivos, que se adaptan a nós e ao que nós construímos (e destruímos), que sobreviven ao noso carón sen que reparemos nelas, e nalgúns casos, van desaparecendo da nosa vista para que nunca máis volvamos velas.
Damos un paseo virtual pola costa?
21/12/22
De aquí para alá: "ASIA"
14/12/22
De aquí para alá: "Arrolo"
13/12/22
O APALPADOR NA PÁXINA DE "ORGULLO GALEGO"
CANTOS DE NADAL
7/12/22
De aquí para alá: "CUBA"
4/12/22
DE NADAL
30/11/22
De aquí para alá: "XAMAICA"
27/11/22
Play aRi[t]mar
A aplicación Play aRi[t]mar foi creada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e "reúne músicas e poemas galegos e portugueses que foron galardoados ou finalistas nas diferentes edicións aRi[t]mar que se levan convocado desde 2016. As obras atópanse principalmente en forma de vídeos musicais e videopoemas, aínda que a plataforma tamén conta con versións escritas das poesías e letras de cancións e outro material complementario".

