A avoa De Sheila Rey (Mª Jesús Sar Barrientos) contoulle esta historia e a neta fixo de secretaria copiándoa.
Chámome Mª Jesús e cando era
pequena, eu e a miña irmá fomos ao colexio de Muxía. Había un
colexio para nenos e outro para nenas. No recreo xuntabamonos todos e
xogabamos ao brilé, á estornela...
Algúns días faciamos actividades como
coser, bordar...Encantábame facelo. Pero cando tiñamos doce anos, a nosa
vida cambiou. Os nosos pais emigraron a Venezuela, como tiñan que
traballar, internáronnos nun colexio chamado Nazaret e, casualmente,
había unha monxa galega que era coxa e eu, como era moi traviesa e mais
bruta, chamáballe “a coxa” e ela dábame coscorróns.
Cando estabamos en clase, tiñamos
unhas cartulinas para apuntar o comportamento. A miña irmá tíñaa
limpa e eu, chea de faltas. Non teño moi bo recordo desa época
porque as monxas foron moi crueles comigo porque tiña un problema e
mexábame na cama. Tiña que lavar eu a roupa fóra e as monxas
avergonzábanme ante as miñas amigas.
___________________________________________________________________________________
María Paz Toja, en canto chegou á casa preguntoulle ó seu avó pola súa época de escola e xa trouxo isto anotado e ademais cun debuxo.
Son María Paz Toja e meu
avó, Jesús Paz Paz, contoume que cando era pequeno ía ó colexio
nunha egua e leváballe ó profesor un saco de millo para que o
profesor fixera broa, porque tiña moitos fillos. Meu avó ía enriba
do saco de millo que ía enriba da egua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario