29/10/18
6/6/18
INDIE POP GALEGO NOS MUIÑOS
Este curso estamos a traballar, entre outros, o proxecto "A Música". A actividade "Músicas a Tutiplén", enmarcada nas actividades da Biblioteca, rematou hoxe coa exposición do estilo indie pop por parte do alumnado de 4º de Primaria.
Despois de facer unha viaxe no tempo explicándonos as orixes da música pop e indie, lembráronnos que en Galicia está arrasando con grupos como Eladio y los seres queridos, que veñen de gañar o premio Martín Códax nesa modalidade; Iván Ferreiro, que canta a canción da exitosa serie de televisión "Fariña" ou Xoel López, que canta o poema "No niño novo do vento", de Álvaro Cunqueiro. Ademais agasalláronnos co poema ilustrado por eles mesmos.
3/6/18
VISITA Ó DOLMEN DE DOMBATE
O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria realizou unha visita ó Dolmen de Dombate. A actividade consistiu na visita guiada ó dolmen, ademais visualizaron un documental sobre as formas de vida na Prehistoria e levaron a cabo o obradoiro "As ondas sonoras" no que aprenderon a elaborar unha bramadeira, instrumento musical do Neolítico. A vindeira semana visitarano os pequenos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria.
19/5/18
"COAS MANS BALEIRAS", CREACIÓN AUDIOVISUAL NA ESCOLA
Como sabedes, este curso participamos no proxecto "Nós tamen creamos", enmarcado dentro do Plan Proxecta. O alumnado de 1°,2°,3° e 4° de Primaria produciron, a través da técnica stop motion, a curtametraxe de animación " Coas mans baleiras". Un traballo de innovación educativa que promove a lingua e a cultura audiovisual galega. Hoxe temos o pracer de presentarvos o resultado final. Agardamos que vos guste tanto como a nós:
17/5/18
"ABALADEIRAS" NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Onte rematamos os actos da Semana das Letras Galegas con cantos e danzas da nosa terra a cargo do grupo "Abaladeiras" de Muxía.
O programa xa prometía:
Mais a realidade superouno. Ollade:
O programa xa prometía:
Mais a realidade superouno. Ollade:
16/5/18
VIKI RIVADULLA: "NATUREZAS VIVAS DE MARUJA MALLO"
Continúan os actos de celebración da Semana das Letras Galegas nos Muiños. Hoxe tivo lugar a "Festa do mar", pola mañá con Viki Rivadulla, a pintora muxiana que sabe moito de arte e mar; pola tarde, con música, baile e moito mais coas Abaladeiras de Muxía.
Con Viki aprendimos as "Naturezas Vivas de Maruja Mallo", descubrimos novos talentos artísticos e pasámolo moi moi ben!
Aquí podedes vernos en pleno proceso de creación artística:
Con Viki aprendimos as "Naturezas Vivas de Maruja Mallo", descubrimos novos talentos artísticos e pasámolo moi moi ben!
Aquí podedes vernos en pleno proceso de creación artística:
TEATRO NOS MUIÑOS: "A FESTA NO FAIADO"
O grupo de teatro "Cancharrincas", integrado por alumnado de diferentes cursos de Primaria, representou a obra de María Victoria Moreno " A festa no faiado".
Un anaquiño da alma de María Victoria achegouse hoxe ós Muiños.
Parabéns a todo o elenco de actrices e actores polo seu talento, esforzo e responsabilidade neste proxecto.
Un anaquiño da alma de María Victoria achegouse hoxe ós Muiños.
Parabéns a todo o elenco de actrices e actores polo seu talento, esforzo e responsabilidade neste proxecto.
14/5/18
MARÍA VICTORIA SEGUE BRILLANDO
Hoxe completamos o panel de María Victoria Moreno, a escritora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Foi deseñado e elaborado polo alumnado de 4º de Primaria e completado por todos os alumnos e alumnas do centro que tiveron que ir resolvendo distintas probas sobre a vida, a obra e o compromiso coa lingua e a cultura galega de María Victoria Moreno.
Velaquí o resumo da actividade:

10/5/18
ACTIVIDADES PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
SEMANA
DAS LETRAS GALEGAS OS MUIÑOS
MAIO 2018
LUNS, 14:
Composición do panel “María Victoria segue
brillando”, colocado na cristaleira
e elaborado polo alumnado de 4º de EP sobre a vida e obra de
María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano. O alumnado agardará
quenda na súa aula. Baixarán resolver os contidos que compoñen o panel segundo
os vaian avisando. Estas son as quendas establecidas (a hora é aproximada):
10.15:
4º, 5º e 6º de EI.
10.30:
1º de EP.
10.45:
2º de EP.
11.00:
3º de EP.
11.15:
5º de EP.
11.30:
6º de EP.
MARTES, 15:
14.30:
A Chiquitropa anuncia os eventos do día para xuntarnos todos
e todas na biblioteca. (Os alumnos/as levarán a bolsa
de plástico xa vestida).
14.40:
Biblioteca:
·
Proxección
da curtametraxe “Coas mans baleiras”
producida polas alumnas e alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.
15:00:
Ximnasio:
·
A Chiquitrops
interpreta “O rap das Letras”
·
A orquestra
do colexio interpreta “Regueifas a tutiplén”.
·
O grupo de
teatro ” Cancharrincas”, integrado
por alumnado de diversos cursos
representa “A festa no faiado”, baseada na coñecida obra de María
Victoria Moreno.
MÉRCORES, 16:
“Festa
do Mar”: Alumnado e profesorado poden vir con
roupa típica mariñeira das festas do mar de Muxía: elas, faldas longas con
blusa e pano na cabeza; eles, camisa e pantalón de cores claras e gorra.
11.20:
Todo o alumnado diríxese ó ximnasio. ( Cada alumno/a
deberá levar un estoxo co seguinte material: lapis, goma, ceras de cores,
tesoiras e pegamento).
11.30
a 13.00: Obradoiro sobre a pintura e o mar, impartido pola pintora muxiana Viki
Rivadulla: “Naturezas vivas de
Maruja Mallo”.
14.30
a 14:50: Hora de ler
14.50:
Todo o alumnado diríxese ó ximnasio.
15.00
a 16.15: Sesión didáctica e actuación do grupo “Abaladeiras” de Muxía.
ENSAIANDO "A FESTA NO FAIADO"
O noso grupo de teatro "Cancharrincas" debutará o martes, 15 de maio coa obra "A festa no faiado", baseada na obra de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.Esta actividade enmárcase dentro do programa previsto para a Semana das Letras Galegas, que, en breve, publicaremos no blogue.
Aquí tedes unha pequena mostra dos ensaios:
3/5/18
"Leonardo e os fontaneiros" segundo o alumnado de 5º de primaria
Os alumnos e alumnas de 5º xa son uns expertos en María Victoria Moreno, escritora á que se lle adica este ano o día das Letras Galegas. Logo de ir ver a representación da obra de teatro "Leonardo e os fontaneiros", expresaron así de ben as súas impresións:
30/4/18
"COAS MANS BALEIRAS"
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación primaria participou na creación audiovisual da curtametraxe "Coas mans baleiras" que foi realizada, íntegramente, no CEIP Os Muiños.. Un interesante proxecto de innovación educativa nas aulas ó que axiña daremos difusión. Moitas grazas a todos e todas.Aquí tedes unha pequena mostra, a ver que vos parece:
21/4/18
Día das Letras Galegas...buscamos actrices e actores para obra de teatro!
Co motivo da celebración do día das Letras Galegas, buscamos actrices e actores para representar unha obra de teatro baseada na obra de María Victoria Moreno "A festa do faiado". Parece que a cousa se vai animando porque xa temos un feixe de candidatos!
7/4/18
11/3/18
DOUS PREMIOS DO CONCURSO DE RECITADO POÉTICO "ROSALÍA SEMPRE VIVA" VEÑEN PARA OS MUIÑOS
Onte celebrouse na casa-museo de Manuel María, en Outeiro de Rei, a final da IV edición do Concurso "Rosalía sempre viva" no que participaron centros educativos de diferentes localidades de Galicia.
Énchenos de honra comunicar que o CEIP Os Muiños de Muxía foi o grande protagonista dunha entrega de premios que tiña espectante a un auditorio ateigado con máis de 300 persoas.
Na primeira categoría (1º a 3º de Educación primaria) o primeiro premio foi para as nosas alumnas e alumno, Noemí Alamancos, Guillermo Albo e Lara Caamaño (2º e 1º cursos de Primaria, respectivamente) polo recitado do poema "O cuco" de Manuel María.
Na segunda categoría (4º a 6º de Educación primaria), o xurado concedeu unha Mención Honorífica a nosa alumna Carla Martínez Papín de 6º de Primaria polo recitado do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro. Nesta categoría resultou premiado Izan Pérez Asensio do CEIP Barrantes de Tomiño.
Segundo declarou a propia organización, o concurso foi competitivo e emocionante. O altísimo nivel puxo moi complicado o veredicto do xurado. Ahí, no mais alto nivel, estiveron os nosos alumnos e alumnas. Parabéns para todas e todos!
Lara, Noemí, Guillermo, Johana e Carla: fixestes que o nome do CEIP "Os
Muiños" soara forte e en maiúsculas no auditorio da casa-museo de Manuel
María. Grazas.
Premede para acceder a publicacións relacionadas co evento:
La voz de galicia
Casa-Museo de Manuel María
21noticias
21noticias entrega premios
Énchenos de honra comunicar que o CEIP Os Muiños de Muxía foi o grande protagonista dunha entrega de premios que tiña espectante a un auditorio ateigado con máis de 300 persoas.
Na primeira categoría (1º a 3º de Educación primaria) o primeiro premio foi para as nosas alumnas e alumno, Noemí Alamancos, Guillermo Albo e Lara Caamaño (2º e 1º cursos de Primaria, respectivamente) polo recitado do poema "O cuco" de Manuel María.
Na segunda categoría (4º a 6º de Educación primaria), o xurado concedeu unha Mención Honorífica a nosa alumna Carla Martínez Papín de 6º de Primaria polo recitado do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro. Nesta categoría resultou premiado Izan Pérez Asensio do CEIP Barrantes de Tomiño.
Segundo declarou a propia organización, o concurso foi competitivo e emocionante. O altísimo nivel puxo moi complicado o veredicto do xurado. Ahí, no mais alto nivel, estiveron os nosos alumnos e alumnas. Parabéns para todas e todos!
Premede para acceder a publicacións relacionadas co evento:
La voz de galicia
Casa-Museo de Manuel María
21noticias
21noticias entrega premios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)