27/5/19

OS REPORTEIROS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Dentro do proxecto "Muller Tiña que Ser" o alumnado de 6º de Educación Infantil entrevistou a varias mulleres do noso cole para saber un pouco máis delas.



26/5/19

23 de ABRIl: DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril conmemoramos o día do libro.


                                                    Cartel elaborado por estas tres alumnas de 6º de E.P.

Pola mañá, o alumnado dos distintos niveis de educación infantil e educación  primaria participaron nun maratón de lectura no que se levou a cabo a lectura do libro "Pippi Mediaslongas". 







Neste maratón de lectura tamén quixeron participar dúas nais e unha avoa.



Na hora de ler, reunímonos todos na biblioteca, onde tres nenas de 6º E.P. e catro de 4º E.P. nos quixeron deleitar cunha canción creada por elas mesmas titulada "En galego, nós lemos".







Tamén se aproveitou este momento para entregar varios diplomas ao alumnado, profesorado e membros das familias que están moi achegadas a actividades relacionadas coa lectura de libros na biblioteca.













2 de Abril: día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O 2 de abril quixemos  sumarnos á sensibilización do  Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, polo que saímos ao patio para representar coas nosas mans o símbolo do infinito.

21/5/19

O alumnado de 4º envía unha carta ao CEIP PÉREZ VIONDI de A ESTRADA

O 5 de abril, o alumnado de 4º envíalle unha carta ao alumnado do CEIP PÉREZ VIONDI, na que lle falan do contexto do noso cole, das festas de Muxía, do congro, dos monumentos máis importantes etc.

Ademais cada alumno/a elixe con quen lle gustaría cartearse en vindeiras ocasións.

Esperamos ansiosos polas súas cartas.





Recibimos a primeira carta dende O CEIP PÉREZ VIONDI (A Estrada)

O 1 de abril o alumnado de 4º de Educación Primaria recibiu unha carta do Ceip Pérez Viondi de A Estrada, na que contan algunhas tradicións da súa zona.

MULLER




O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca adaptou o poema "Muller" de Juana Corsina á lingua galega, co fin de expoñelo nunha das paredes do centro, por mor do "Día Mundial da poesía".


CONMEMORACIÓN "DÍA MUNDIAL DA POESÍA"


O día 21 de marzo conmemoramos o "Día Mundial da Poesía" na que o alumnado de cada curso recitou unha poesía creada sobre a muller que están a traballar durante este curso educativo.  Estas poesías quedan recollidas  na publicación do mural "Versos de Muller"

Ademais dúas nais, unha avoa , e outras profesionais xubiladas do noso centro participaron lendo poesía para o noso alumnado.

Para finalizar o acto, un diploma e un pequeno agasallo foron entregados aos tres alumnos gañadores do "Concurso de Lectura de Poesía", convocado polo equipo de biblioteca do noso cole.



VERSOS DE MULLER

Cada aula do CEIP Os Muíños, creou unha poesía sobre a muller que está a traballar durante este curso  2018-2019.

Cada unha destas poesías serviu para decorar o mural "Versos de Muller", sendo ademais todas elas protagonistas da Conmemoración do Dia Mundial da Poesía.


 








CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA



Trinta e un alumnos/as do centro participan nun concurso de lectura de poesía convocado polo equipo de biblioteca do noso cole.


Os gañadores foron:

1º e 2º de Educación Primaria: Daniel    
                              
   3º e 4º de Educación Primaria: Luc






5º e 6º de Educación Primaria: Valentina

Mural elaborado polo alumnado de 6 º Educación Primaria

O alumnado de 6º de Educación Primaria quixo facer unha contribución propia ao Dia Internacional da Muller elaborando de maneira voluntaria este mural.


CONMEMORACIÓN 8 DE MARZO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

O 8 de marzo conmemoramos o "Día Internacional da Muller" grazas a colaboración de:

- O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil que nos mostrou un vídeo no que quixeron dar agradecemento a algunha muller importante nas súas vidas.

- Saray Riveiro, ex-alumna do centro que nos quixo deleitar coa canción "Stay with me".

- O alumnado da área de Valores Sociais e Cívicos de 6º de Educación Primaria que presentou o cartel elaborado para a participación no concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo “Día Internacional da Muller” convocado  pola Secretaría Xeral de Igualdade, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

- O alumnado de 6º de  Educación Primaria, que versionou unha canción en linguaxe de signos e traducida á lingua galega pola mestra de música do centro.




VÍDEO 8 M (alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil)



O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil quixo poñer o seu graniño de area na Conmemoración do 8 de marzo "Día Internacional da muller", cun vídeo elaborado pola súa titora.


CONCURSO CARTEL 8 DE MARZO



Durante o mes de febreiro, o alumnado de 6º de Educación Primaria da área de Valores Sociais e Cívicos, elaboraron un cartel no que quixeron reflectir o camiño cara a igualdade de homes e mulleres.


Coa imaxe elaborada, participaron no concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo “Día Internacional da Muller” convocado  pola Secretaría Xeral de Igualdade, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.


Para a súa elaboración, levaron a cabo unha tormenta de ideas sobre o que normalmente asociamos á muller e ao home respecto ás tarefas do fogar, ás cores, á vestimenta, etc.

Posteriormente quixeron contrastar a mirada dos nenos e das nenas con respecto ao mundo de moitos adultos, polo que como podedes observar no cartel, a muller leva coma sempre na súa mochila certas cargas asociadas, como son o tendal da roupa, o carro da compra ou a lavadora.

Pola súa banda, o home, leva un maletín coa cana de pescar, o xornal, a televisión, a pelota de fútbol, a calculadora, os cartos e unha bombilla xa que é el normalmente o encargado dos arranxos eléctricos, o que parece que ten o poder económico, e tamén o que se pode divertir ou descansar.

Sen embargo, no mundo dos nenos e nenas, a visión é moi diferente. Ambos os dous rapaces, sen distinción de sexo, levan en cadansúa mochila unha boneca, un coche e unha pelota.

Tamén quixeron reflectir o mundo das cores a partires dun arco da vella no que os nenos e as nenas, non asocian ningunha cor ao seu xénero. Non lles preocupa levar un xersei rosa, azul, vermello ou amarelo.

Pola contra, no mundo dos adultos,  o tradicional é que se asocie cores coma o rosa ou o morado ao xénero feminino e cores coma o azul ao xénero masculino.

Os resultados do concurso  non foron os desexados por cada un dos integrantes do grupo de traballo, pero aproximamos a toda a comundidade educativa do CEIP os Muíños  ao lema  “CAMIÑEMOS CARA A IGUALDADE!!".



20/5/19

MULLERES SEN MÁSCARA


O 1 DE MARZO CELEBRAMOS O NOSO TRADICIONAL DESFILE DE ENTROIDO QUE ESTE ANO DENOMINAMOS "MULLERES SEN MÁSCARA", TENDO EN CONTA QUE FOI ADICADO ÁS SETE MULLERES SOBRE AS QUE ESTAMOS A TRABALLAR ESTE ANO NO NOSO CENTRO: ROSALÍA DE CASTRO, MURUJA MALLO, AS MARÍAS, LUZ CASAL, VIKI RIVADULLA, ÁNGELES ALVARIÑO E SUSANA SEIVANE.