Durante o mes de febreiro, o alumnado de 6º de Educación Primaria da área de Valores Sociais e Cívicos, elaboraron un cartel no que quixeron reflectir o camiño cara a
igualdade de homes e mulleres.
Coa imaxe elaborada, participaron no concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo “Día Internacional da Muller” convocado pola Secretaría
Xeral de Igualdade, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa.
Para a súa elaboración, levaron a cabo unha tormenta
de ideas sobre o que normalmente asociamos á muller e ao home respecto ás
tarefas do fogar, ás cores, á vestimenta, etc.
Posteriormente quixeron contrastar a mirada dos
nenos e das nenas con respecto ao mundo de moitos adultos, polo que como
podedes observar no cartel, a muller leva coma sempre na súa mochila
certas cargas asociadas, como son o tendal da roupa, o carro da compra ou a
lavadora.
Pola súa banda, o home, leva un maletín coa cana de
pescar, o xornal, a televisión, a pelota de fútbol, a calculadora, os cartos e
unha bombilla xa que é el normalmente o encargado dos arranxos eléctricos, o
que parece que ten o poder económico, e tamén o que se pode divertir ou
descansar.
Sen embargo, no mundo dos nenos e nenas, a visión é
moi diferente. Ambos os dous rapaces, sen distinción de sexo, levan en cadansúa
mochila unha boneca, un coche e unha pelota.
Tamén quixeron reflectir o mundo das cores a
partires dun arco da vella no que os nenos e as nenas, non asocian ningunha cor ao seu xénero. Non lles preocupa levar un xersei rosa, azul,
vermello ou amarelo.
Pola contra, no mundo dos adultos, o tradicional é que se asocie cores
coma o rosa ou o morado ao xénero feminino e cores coma o azul ao xénero
masculino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario