O 23 de Abril conmemoramos o día do libro.
Cartel elaborado por estas tres alumnas de 6º de E.P.
Pola mañá, o alumnado dos distintos niveis de educación infantil e educación primaria participaron nun maratón de lectura no que se levou a cabo a lectura do libro "Pippi Mediaslongas".
Neste maratón de lectura tamén quixeron participar dúas nais e unha avoa.
Na hora de ler, reunímonos todos na biblioteca, onde tres nenas de 6º E.P. e catro de 4º E.P. nos quixeron deleitar cunha canción creada por elas mesmas titulada "En galego, nós lemos".
Tamén se aproveitou este momento para entregar varios diplomas ao alumnado, profesorado e membros das familias que están moi achegadas a actividades relacionadas coa lectura de libros na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario