O EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) e o Equipo de Biblioteca agradecen ás familias e ao alumnado a súa gran participación na segunda campaña de expurgo deste curso.
31/1/20
UN NADAL DE REFRÁNS
O EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) e o Equipo de Biblioteca agradecen ás familias e ao alumnado a súa gran participación na segunda campaña de expurgo deste curso.
15/1/20
ENVIAMOS POSTAIS DE NADAL
Polo Nadal, elaboramos postais para compartir con outros centros educativos:
- GALIÑA AZUL (MUXÍA)
- GALIÑA AZUL (FISTERRA)
- CEIP VIRXE DA BARCA (MUXÍA)
- IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA)
- CEIP ABANQUEIRO, EGIPTO (MUXÍA)
- CEIP DE FIGUEIROA (A ESTRADA)
- CEIP PÉREZ VIONDI (A ESTRADA)
- CPI SAN SADURNIÑO (FERROL)
Deixámosvos un vídeo no que poderedes ver o proceso de elaboración.

OS APEIROS DE LABRANZA
O alumnado de 4º E.I., coa colaboración das súas familias, fixeron unha exposición de APEIROS DE LABRANZA.
Os nosos agradecementos para todas as familias.
OS OFICIOS
2/1/20
O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no CEIP "Os Muíños" sumámonos á iniciativa pola inclusión social "Baixo o mesmo paraugas".
O paraugas simboliza a unión.
Todos temos cabida baixo o mesmo paraugas, sen diferenzas.
Este é o obxectivo: visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.
Neste acto reivindicativo, organizado e coordinado polo Departamento de Orientación do noso centro, alumnado de distintos cursos leron un manifiesto co motivo desta conmemoración.
CONMEMORACIÓN DO 25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O luns 25 de novembro pola tarde leváronse a cabo varias actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, polo Equipo de Biblioteca, e polo Equipo de Extraescolares para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de xénero.
Alumnado, mestres e personal non docente vestimos unha camiseta branca decorada coa silueta de Pepa, que representa a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero.
Na hora de levar levamos a cabo o Acto de Conmemoración na Biblioteca do centro e foi presentado por alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria: Raquel, Adela, Shamira, Andrea, Yeison, Judith e Gabriela.
Carla e Luc, membros do club de lectura "Papalibros" contaron o conto de Rocío Bonilla "Max e os superheroes":
Cantamos a canción "Saír Correndo" de Amaral, versionada ó galego polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Alumnado, mestres e personal non docente vestimos unha camiseta branca decorada coa silueta de Pepa, que representa a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero.
Na hora de levar levamos a cabo o Acto de Conmemoración na Biblioteca do centro e foi presentado por alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria: Raquel, Adela, Shamira, Andrea, Yeison, Judith e Gabriela.
Estos sete alumnos contáronnos por que se conmemora esta data e vimos un vídeo das irmáns Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960.
Cantamos a canción "Saír Correndo" de Amaral, versionada ó galego polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Rematamos o acto no ximnasio facendo un enorme lazo, símbolo da loita contra a violencia de xénero. Cantamos tres veces o retrouso da canción.
25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Desde o noso colexio quixemos visibilizar a problemática da violencia de xénero que está presente na nosa sociedade. Para iso, démoslle protagonismo a "Pepa", unha moza que representa a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero e á que o noso alumnado lle escribiu mensaxes de axuda, apoio, etc nun mural colaborativo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)