2/1/20

CONMEMORACIÓN DO 25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 25 de novembro pola tarde leváronse a cabo varias actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, polo Equipo de Biblioteca, e polo Equipo de Extraescolares para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de xénero. 

Alumnado, mestres e personal non docente vestimos unha camiseta branca decorada coa silueta de Pepa, que representa a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero. 




Na hora de levar levamos a cabo o Acto de Conmemoración na Biblioteca do centro e foi presentado por  alumnado voluntario de  6º de Educación Primaria: Raquel, Adela, Shamira, Andrea, Yeison, Judith e Gabriela.





Estos sete alumnos contáronnos por que se conmemora esta data e vimos un vídeo das irmáns Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960.




Carla e Luc, membros do club de lectura "Papalibros" contaron o conto de Rocío Bonilla "Max e os superheroes":




Cantamos a canción "Saír Correndo" de Amaral, versionada ó galego polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.










Rematamos o acto no ximnasio facendo un enorme lazo, símbolo da loita contra a violencia de xénero. Cantamos tres veces o retrouso da canción.








No hay comentarios:

Publicar un comentario