O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no CEIP "Os Muíños" sumámonos á iniciativa pola inclusión social "Baixo o mesmo paraugas".
O paraugas simboliza a unión.
Todos temos cabida baixo o mesmo paraugas, sen diferenzas.
Este é o obxectivo: visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.
Neste acto reivindicativo, organizado e coordinado polo Departamento de Orientación do noso centro, alumnado de distintos cursos leron un manifiesto co motivo desta conmemoración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario