15/5/24
María Canosa fala de Luísa Villalta
14/5/24
A PALABRA E A MÚSICA
Se hai algo que aprendemos de Luísa e a relación que hai entre a música e a poesía. Se vos interesa profundizar neste tema, non podedes deixar de ver este documentario da Real Academia Galega.
FALAN OS QUE A COÑECERON
Tedes aquí un pequeno documental sobre Luísa Villalta, no que falan amigos e compañeiros de traballo. Vemos tamén a Luísa recitando, participando da vida diaria, chea de vida e proxectos. Falan dela os que estiveron moi preto dela.
2/5/24
POESÍA EN SILENCIO: KARAOKE
O curso pasado pasámolo pipa cantando co "karaoke" de Francisco Fernández del Riego. Desta volta, escollendo retallos de distintos poemas de Luísa Villalta, chéganos desde o Recuncho de Tambo unha nova entrega: "Poesía en silencio".
A lupa de Luísa Villalta
Este mes habemos investigar moito sobre esta muller. Para investigar, non hai nada máis útil que unha lupa, xa que nos axuda a fixar a atención e concentrarnos no máis importante, achegándonos ao que nos interesa de verdade. Aquí queda un titorial para construir a famosa lupa de Luísa Villalta.
29/4/24
PASEO CON LUÍSA VILLALTA
24/4/24
CANTO APRENDICHES?
Despois de ler algún dos libros que falan da súa vida, seguramente poderás responder a un rápido cuestionario. Canto sabes de Luísa Villalta? Especialmente creado para o alumnado do 3º ciclo.
22/4/24
A CORUÑA, CIDADE NATAL
Como xa saberás, Luísa Villalta naceu na cidade da Coruña. O símbolo máis coñecido da cidade é a Torre de Hércules, que ves aquí embaixo. Premendo nela podes acceder a unha sopa de letras na que atoparás o nome de distintos bairros da cidade.
19/4/24
AS CHAVES DO TEMPO
Esta obra narrativa, dividida en dezaoito breves capítulos, foi publicada no ano 2001, e comeza "no tempo no que había reis en Galiza", avanzando pola historia ata chegar aos nosos días. Trata de ofrecer chaves que abran, e non que pechen, e convídanos a reflexionar sobre o uso que nós mesmos facemos desas chaves ao longo da nosa vida. Queda aquí un fragmento incompleto do seu primeiro capítulo. Serías quen de escoller as palabras correctas para completalo? Preme na ilustración para acceder ao texto agochado.




