Despois de ler algún dos libros que falan da súa vida, seguramente poderás responder a un rápido cuestionario. Canto sabes de Luísa Villalta? Especialmente creado para o alumnado do 3º ciclo.
24/4/24
22/4/24
A CORUÑA, CIDADE NATAL
Como xa saberás, Luísa Villalta naceu na cidade da Coruña. O símbolo máis coñecido da cidade é a Torre de Hércules, que ves aquí embaixo. Premendo nela podes acceder a unha sopa de letras na que atoparás o nome de distintos bairros da cidade.
19/4/24
AS CHAVES DO TEMPO
Esta obra narrativa, dividida en dezaoito breves capítulos, foi publicada no ano 2001, e comeza "no tempo no que había reis en Galiza", avanzando pola historia ata chegar aos nosos días. Trata de ofrecer chaves que abran, e non que pechen, e convídanos a reflexionar sobre o uso que nós mesmos facemos desas chaves ao longo da nosa vida. Queda aquí un fragmento incompleto do seu primeiro capítulo. Serías quen de escoller as palabras correctas para completalo? Preme na ilustración para acceder ao texto agochado.
17/4/24
SOPA DE OBRAS
Luísa Villalta estaba moi interesada en calquera tarefa relacionada coa arte: a música, a poesía, o teatro, a pintura... Pero coñecémola, principalmente pola súa produción literaria. Serías quen de atopar nesta sopa de letras 9 das súas obras? Preme na imaxe para acceder á sopa.
15/4/24
PRIMAVERA DAS LETRAS
13/3/24
Eduardo Pondal, o noso "bardo"
12/3/24
EDUARDO PONDAL: A SÚA VIDA
Eduardo Pondal é o poeta considerado "bardo" do pobo galego. Coñecedes a súa vida? Por que é tan importante para Galicia? Imos aprender algo máis sobre a súa figura e a súa obra.
2/3/24
EDUARDO PONDAL, O BARDO
Sempre escollemos un "poeta de cabeceira" para celebrar o noso mes da poesía. Neste curso non podería ser outro que Eduardo Pondal, o "bardo" dos poetas galegos. Ler os seus poemas é descubrir nomes cheos de música, guerreiros e guerreiras valerosos, e un profundo amor pola paisaxe, pola terra e pola historia.
21/2/24
Os "Cantares Gallegos" de Rosalía, polos Bolechas
Xa que imos celebrar o aniversario de Rosalía, non nos ven nada mal revisar un dos seus poemas mais famosos ,"Adiós ríos, adiós fontes", nesta ocasión da man dos Bolechas. Se escoitamos atentamente, caeremos na conta de que o que cantan é o comezo da súa primeira obra publicada en galego, "Cantares Gallegos", que determina a celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio.




