14/5/24

A CANCIÓN DE LUÍSA VILLALTA

 Se queredes lembrar todo o que ten que ver con Luísa Villalta, nada mellor que esta canción a todo ritmo!


2/5/24

LEMOS A LUÍSA

Grazas ao traballo do Seminario Galán, podemos ler de forma resumida a súa biografía; ademais, temos acceso a unha escolma das súas obras na parte final deste dossier. 

POESÍA EN SILENCIO: KARAOKE

 O curso pasado pasámolo pipa cantando co "karaoke" de Francisco Fernández del Riego. Desta volta, escollendo retallos de distintos poemas de Luísa Villalta, chéganos desde o Recuncho de Tambo unha nova entrega: "Poesía en silencio".



Para acompañalo, deseñaron unha coreografía que podemos representar con cada retrouso:


A lupa de Luísa Villalta

 Este mes habemos investigar moito sobre esta muller. Para investigar, non hai nada máis útil que unha lupa, xa que nos axuda a fixar a atención e concentrarnos no máis importante, achegándonos ao que nos interesa de verdade. Aquí queda un titorial para construir a famosa lupa de Luísa Villalta.



29/4/24

PASEO CON LUÍSA VILLALTA

Imos dar un paseo acompañando a Luísa Villalta pola súa vida. Para facelo, xogaremos aos birlos, que che parece? Probamos?

24/4/24

CANTO APRENDICHES?

 Despois de ler algún dos libros que falan da súa vida, seguramente poderás responder a un rápido cuestionario. Canto sabes de Luísa Villalta? Especialmente creado para o alumnado do 3º ciclo.



22/4/24

A CORUÑA, CIDADE NATAL

 Como xa saberás, Luísa Villalta naceu na cidade da Coruña. O símbolo máis coñecido da cidade é a Torre de Hércules, que ves aquí embaixo. Premendo nela podes acceder a unha sopa de letras na que atoparás o nome de distintos bairros da cidade. 



19/4/24

AS CHAVES DO TEMPO

 Esta obra narrativa, dividida en dezaoito breves capítulos, foi publicada no ano 2001, e comeza "no tempo no que había reis en Galiza", avanzando pola historia ata chegar aos nosos días. Trata de ofrecer chaves que abran, e non que pechen, e convídanos a reflexionar sobre o uso que nós mesmos facemos desas chaves ao longo da nosa vida. Queda aquí un fragmento incompleto do seu primeiro capítulo. Serías quen de escoller as palabras correctas para completalo? Preme na ilustración para acceder ao texto agochado.



17/4/24

SOPA DE OBRAS

 Luísa Villalta estaba moi interesada en calquera tarefa relacionada coa arte: a música, a poesía, o teatro, a pintura... Pero coñecémola, principalmente pola súa produción literaria. Serías quen de atopar nesta sopa de letras 9 das súas obras? Preme na imaxe para acceder á sopa. 




15/4/24

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega publican este conto creado por Xoán Babarro e Ana María Fernández. As ilustracións son de Óscar Villán. Pódese ler de corrido ou capítulo por capítulo (sala 1, sala 2...), e narra a vida de Luísa Villalta cunha linguaxe próxima e adaptada ao mundo da primaria. Premendo na ilustración temos acceso á obra completa.