29/10/20

CHEGAN O SAMAIN E O MAGOSTO!

Pois si... Acabamos de comezar e xa temos aquí o Samaín, e de paso... Magosto! Non é doado facer festa coa máscara, coa distancia... Pero a nós gústanos disfrutar das tradicións, e non imos abandonalas tampouco este ano. Así que... cabazas e castañas! 

Para non deixar de pasalo ben, traemos un cantar de cego que vai servir para aprender como temos que organizarnos este curso. Ah! Que non sabedes o que é un "cantar de cego"? Nesta entrada do blog do Museo Etnolóxico de Ribadavia explícano clariño.

Mentres, escoitade a Iria e a Carla...


5/6/20

DIA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, celebramos o "Día Internacional do Medio Ambiente" .

Deixámosvos un vídeo do tema "ecoloxistas" do álbum "A fraga do meu avó" do grupo musical Mamá Cabra.


19/5/20

LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas, rendemos homenaxe ao 

escritor, filólogo e profesor Ricardo Carvalho Calero, grazas á colaboración e participación do alumnado e familias.

Carla e a súa familia desfrutaron do conto "As pitas 
baixo a choiva", un dos máis famosos do escritor 
e enviaron esta imaxe.
O alumnado de 1º e 2º E.P. fálanos da vida e obra do escritor, 
a tráves do xogo "Pásame a pelota e falas de Ricardo 
Carvalho Calero porque che toca". 
O alumnado de 6º E.P. e Aurelia, a mestra de Lingua Galega, 
para conmemorar esta data fixeron unha lectura compartida 
a través da aplicación Cisco Webex. 
Escolleron "A xente na barreira", a primeira novela en galego

 publicada na posguerra. 
Len o capítulo "O maragato"
          
O noso agradecemento, unha vez máis, ao profesorado,
 alumnado e familias por facer posible todo isto,  dándonos
 a oportunidade de conmemorar, a pesar da distancia,  un 
día tan importante como o das NOSAS LETRAS.

10/5/20

PROPOSTAS E RECURSOS LETRAS GALEGAS 2020

O vindeiro domingo 17 de maio é o Día das Letras Galegas. A crise do Coronavirus obligou a aplazar esta celebración para o día 31 de outubro. 
A pesar dos cambios no calendario de actividades presenciais, a Real Academia Galega ( RAG) quere que o 17 de maio sexa igualmente unha celebración colectiva a través de recursos dixitais, por iso, desde o noso centro, os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega temos unhas propostas para Infantil e 1º- 2º E.P. así como recursos dixitais para o alumnado de 3º a 6º E.P. coa intención de divulgar a figura e obra do filólogo, escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado nas Letras Galegas 2020.

PROPOSTA PARA ED. INFANTIL
"As pitas baixo a choiva" é un dos contos máis famosos do escritor.
  
 A actividade consiste en desfrutar do conto en familia e colorear a imaxe ( no caso de dispoñer de impresora) ou facer un debuxo relacionado coa lectura. 
Para imprimir, preme na imaxe:

PROPOSTA PARA 1º-2º E.P.

A actividade titúlase "Pásoche a pelota e falas de Ricardo Carvalho Calero porque che toca".
1.- A familia do alumnado que queira participar na actividade terá que enviar unha mensaxe ao correo electrónico muinhos.curuxa.gal@gmail.com
2.- Recibiredes a través do correo un pequeno texto sobre a vida do escritor.
3.- Teredes que practicar esa pequena lectura.
4.- As familias gravarán un vídeo ao alumnado dicindo ese pequeno texto e o enviarán ao correo electrónico.
5.- Coas gravacións recibidas elaborarase un vídeo que levará o título da actividade.

RECURSOS DIXITAIS PARA O ALUMNADO DE 3º-6º E.P.
O alumnado de 3º a 6º E.P. , para que pasedes un bo rato desfrutando en aprendendo cousiñas da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, deixamos aquí estes recursos:


Outros recursos:

Animádevos a participar!

6/5/20

BÓTANOS UNHA MAN E FAI UN VÍDEO CON UN REFRÁN


Grazas á colaboración e participación do alumnado e familias, aquí estamos a 1 de maio, Día Internacional do Traballador, festexándoo cun refraneiro galego que fai alusión aos oficios. 
A sabedoría popular nunca falla, tomemos nota dos seus consellos..
Outros refráns...

Verbas de oficios...
O noso agradecemento ata o infinito e máis,  ao  alumnado e familias participantes na proposta, porque todo isto é posible, grazas a  vós.

26/4/20

“BÓTANOS UNHA MAN E FAI UN VÍDEO CON UN REFRÁN”



Desde os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, tiñamos previsto continuar coa campaña “Bótanos unha man e leva libros por un refrán”. 


Dadas as circunstancias nas que nos atopamos non é posible levar a cabo
a campaña de expurgo, pero si podemos continuar coa nosa recompilación de
refráns. 

Aproveitando que se achega o 1 de maio, Día Internacional dos traballadores,
e que “Os nosos Oficios” é o proxecto deste curso, a proposta é a seguinte:

- Escoller un refrán dun oficio que vos guste (preferiblemente en galego).
- Gavar un vídeo dicindo o refrán.
- Enviar o vídeo ao correo: muinhos.curuxa.gal@gmail.com
- Período de entrega: Do 27 de abril ao 3 de maio inclusive.



Agradecemos de antemán a vosa participación.


Animádevos a participar!




23/4/20

CELEBRACIÓN DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2020

Grazas á gran participación das familias, alumnado, mestres e persoal non docente na proposta para o 23 de abril, Día Mundial do Libro, imos levar a cabo o maratón de lectura coma estaba previsto, pero desde as casas








Empeza o maratón de lectura as familias...
Leticia, nai de Ainhoa de Jorge: "Tomate, pataca e pemento"
"A que sabe a lúa?"
Rosario, nai de Carla: "O Carballo con botas"
Belén, nai de Gabriel e Nerea: "Os enredos de Olalla"
Teresa, nai de Antonio: Os Bolechas teñen un dinosaurio"
Sofía e Claudia: "Cartas en el bosque"
Ana, nai de Pedro e Diego: "O pastel dos venres"
Isabel, nai de Chloe: "O coello Lolo"
Continúa o alumnado de 1º E.P.
Ana: "O corvo Roque"
Antonio: "Corre, corre cabaciña"
Marina: "Os tres porquiños"
Max: "De onde ven o leite?"
Nico e Pilar: " A galiña azul"
Thalía: "Dona soñadora"
Anxo: "A nena de auga e o príncipe de lume"
Estela: "Os Bolechas aumentan a familia"
Nerea: "Os enredos de Olalla"
Paula: "O meu gato é un poeta"
Segue o alumnado de 2º E.P.
Iago: "Flexiflai non foi ao festival" 
Pablo: "O bigote de Mimi"
Pedro: "O pastel dos venres"
Andrés: "Pippi mediaslongas"
Continúa o alumnado de 3º E.P.
Carla L.: "Os Bolechas van ao Gac Costa da Morte"

Diego: " O pastel dos venres"
Antía: "Bichos. El maravilloso mundo de Dot"
Jonatan: "Orellas de coello"
Carla: "La diversión de Martina"
Rafa: "As trenzas do avó"
Estiven: "Nena de flan"
Iván: "A casa da MOSCA CHOSCA"
Mauro: "El principito"
Xabier: "Ruídos, sombras e medos"
Despois dun pequeno descanso, prosegue o alumnado de 4º E.P.
Manuel: "O libro da Illa de Ons"

Antón: "Os Bolechas, animais do bosque"
Noa: "El pequeño Rito"
Con moitas gañas, continúa o alumnado de 5º E.P.
Brais: "Kusuma"

Luc: "A cazadora de estrelas"
Xoel: "As lágrimas de Shiva"
Despois do xantar, e xa metidos na tarde, lenos Candela (6ºE.P.) e  a súa nai Montserrat: "A peripecia de Roi"
Segue o persoal non docente:
Luisa: "Barriga verde"

Pablo: "Aventuras de Arthur Gordon Pym"
Dan remate a este maratón de lectura os mestres:
Aurelia: "Costa do Solpor"

María C.: "A galiña azul"
María José A.: "Escarlatina, a cociñeira defunta"
María José: "Que me queres, amor?"
Sara: "Os tres porquiños"
Sandra: "La nueva educación"
Jessica: "O misterio dos fillos de Lúa"
O noso agradecemento a todos os que fixéchedes que isto fora posible. 

15/4/20

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO "EULEONACASA"

Achégase o día 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos dereitos de autor, conmemoración a nivel mundial celebrada co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedad intelectual por medio dos dereitos de autor. 

O escritor Manuel Gago, referente da literatura galega, creou un texto para o Día do Libro 2020.

Desde o noso colexio estaba previsto celebrar esta data cun maratón de lectura no que sempre participa alumnado, mestres, familias e persoal non docente.  
Tamén contabamos coa visita moi especial do escritor Héctor Cajaraville, autor dun dos libros escollidos polo club lectura de 5º e 6º do noso centro. 
Dada a situación que estamos vivindo non podemos celebralo como estaba previsto por iso, desde o equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, temos unha proposta aberta a toda a comunidade educativa: alumnado, mestres, familias e persoal non docente.  
A proposta é a seguinte:
Escoller un libro que vos guste, que teñades na casa ( preferiblemente en galego).
- Sacar unha foto mostrando a portada e gravar un vídeo lendo un anaquiño de calquera capítulo do libro. 
Mandar a foto e o vídeo ao correo muinhos.curuxa.gal@gmail.com.
- Período de entrega: do 15 ao 22 de abril.
- Publicaranse os vídeos no blog o 23 de abril para celebrar o Día do Libro cun maratón de lectura desde cada unha das vosas casas. 

Contamos coas vosas lecturas!

"CONTOS DE OFICIOS" "EUQUEDONACASA"



No segundo trimestre iniciamos o proxecto "Contos de oficios" no que as familias , os venres no recreo da mañá, teñen o seu espazo na biblioteca contando contos da temática do PDI "Os nosos oficios".



Estaba previsto, para o venres 13 de marzo que Ana, a nai de Pedro e Diego contara "Amaranta, a carteira samaraganta", pero non puido ser porque iniciaba esta situación de confinamento.
Nestes días recibimos a súa proposta de ler o conto na casa e gravalo para que todos podamos desfrutalo. 
Hoxe, 13 de abril, Ana, a nai de Pedro e Diego le, para todos nós, "Amaranta, a carteira Samaraganta". 

13/4/20

FESTIVAL DE POESÍA "OFICIOS EN VERSO" #PoesíaNaCasa

O 3 de abril tiñamos previsto rematar o segundo trimestre co Festival de Poesía "Oficios en verso". 

Dada a situación de confinamento que estamos vivindo desde o venres 13 de marzo, os equipos Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca propuxemos ás familias inventar e recitar  poesías relacionadas co PDI "Os nosos oficios" e  o "Coronavirus". 
Dada a gran participación das familias,  imos dar remate a este trimestre como estaba previsto,  pero, desde as casas. 
Os nosos oficios e Coronavirus é o lema!
Inicia este festival, a familia de Jorge e Ainhoa  co poema 
"Os granxeiros ó noso"
 Continúa a familia de Alma co poema:
"Aquí estamos os granxeiros"
Chega a quenda da familia de Gabriel e Nerea cos poemas:
"Granxa Gabriel"
"Xuntos palillando"
Agora imos escoitar á familia de Yoel, que nos vai recitar:
"Granxeiros e granxeiras"
familia de Arya xa está en escena co seu poema:
"Zapateiros, dentro"
Agora temos o gusto de escoitar á familia de Carla, que nos recita:
 "O zapateiro enfadado"
familia de Estela, ten todo a punto para deleitarnos co poema:
"Palilleiras en tempo de Coronavirus"
É a quenda da  familia de Anxo co recita:
"Palilleiras e redeiras"
E agora, escoitamos á familia de Marina:
"Palilleiras e redeiras, na casa"
Continuamos co poema da familia de Thalía:
"Son unha palilleira"
A familia de Paz, xa está preparada para recitarnos:
"Palilleiras contra Coronavirus"
Agora escoitamos o poema da familia de Jonatan:
"Son oleiro"
Continúa a familia de Rafa co seu poema:
"A olaría"
A familia de Xabi recita:
"Os oleiros"
Remata este festival, a familia de Brais, co poema:
"O mariñeiro non está contento"
O noso agradecemento  ao alumnado e familias participantes neste festival, porque sen a vosa participación, isto non sería posible.